Luisa Sánchez participa en Vigo na entrega de premios da fase final da Copa 5×5 de Balonmán na Rúa

08/11/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou este domingo en Vigo na entrega de premios da fase final da Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra, celebrada no pavillón 3 do Ifevi. A competición, organizada pola institución provincial e a Federación Galega de Balonmán, reuniu durante tres xornadas equipos das categorías benxamín e alevín, que disputaron os encontros decisivos dun circuíto que pasou previamente por Cangas do Morrazo e Poio. A Copa 5×5, de participación gratuíta e aberta a clubs, centros educativos e entidades deportivas da provincia, pechou así a súa edición de 2026 cunha fin de semana dedicada ao balonmán base que tamén contou coa visita dos xogadores da selección española, os Hispanos.

Galerias de imaxes