Rafa Domínguez pon en valor o potencial do Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra para avanzar no posicionamento de Pontevedra como a provincia do deporte

30/07/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, puxo en valor este xoves o Torneo Internacional de Xadrez Cidade de Pontevedra e a súa capacidade para continuar avanzando no posicionamento de Pontevedra como a provincia do deporte. “O mellor do xadrez internacional se deu cita no corazón das Rías Baixas para amosar a enorme capacidade desta provincia para organizar eventos de primeiro nivel relacionados con todas as disciplinas deportivas”, subliñou Domínguez.

O vicepresidente recordou que nestes días “tivemos a representación dalgúns dos mellores xogadores de xadrez do mundo, concentrando a 250 xogadores procedentes de máis dunha vintena de países” e felicitou á Escola de Xadrez Pontevedra, “polo enorme esforzo” na organización do torneo e por contribuír a situar a capital da provincia no mapa. Neste eido subliñou que “para este goberno é fundamental posicionar a provincia como territorio de competicións deportivas de alto nivel. Temos as mellores instalacións. Temos capacidade organizativo. Temos uns clubs e deportistas que o dan todo. E temos unha folla de ruta para traballar da man de todo o tecido deportivo nunha mesma dirección, aproveitando esas sinerxías para posicionar a provincia no máis alto do podio”.

Galerias de imaxes