Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede

A Deputación de Pontevedra concedeu á entidade unha subvención co obxectivo de acometer un proxecto de apoios visuais para os seus usuarios

03/06/2026

Luisa Sánchez entrega a Down Vigo a placa de Provincia +Inclusiva tras incorporar melloras de sinalización e accesibilidade cognitiva na súa sede

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, entregou este mércores á asociación Down Vigo a placa acreditativa do programa Provincia +Inclusiva, un recoñecemento co que a institución provincial dá visibilidade ao labor que desenvolven as entidades sociais beneficiarias desta iniciativa destinada a promover a accesibilidade universal e a inclusión social.

A entidade recibiu unha achega ao abeiro deste programa para facer realidade o proxecto “Sinais para a vida: apoios visuais para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. En concreto, os traballos realizados na sede de Down Vigo, situada no Casco Vello, consistiron na incorporación de ferramentas de accesibilidade cognitiva, como pictogramas adaptados para facilitar a orientación e comprensión dos espazos, así como na implantación de sinalización horizontal máis inclusiva, favorecendo unha contorna máis accesible para as persoas usuarias.

O acto tamén serviu para poñer en valor o traballo diario que realiza a entidade viguesa na atención, acompañamento e promoción da autonomía das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Durante a visita, Luisa Sánchez subliñou que “as entidades sociais son imprescindibles para chegar onde ás veces non poden chegar as administracións” e destacou a importancia de apoiar o seu labor a través de programas específicos que permitan mellorar a accesibilidade, a comunicación e a participación das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da vida.

Un programa para avanzar cara á accesibilidade universal

A entrega desta placa enmárcase nas visitas institucionais que a Deputación está a realizar ás entidades beneficiarias do programa Provincia +Inclusiva, unha iniciativa impulsada a través do Servizo de Benestar Social para favorecer a eliminación de barreiras e a igualdade de oportunidades. Na súa terceira edición, o programa conta cun orzamento de 210.000 euros e permite financiar actuacións destinadas á mellora da accesibilidade nas instalacións das entidades, á adquisición de sistemas de comunicación accesible e de axudas técnicas relacionadas coa mobilidade e o coidado persoal.

Neste sentido, Luisa Sánchez salientou que o obxectivo do programa non é só contribuír á mellora das infraestruturas ou dos recursos materiais das entidades, senón tamén recoñecer publicamente o seu labor e sensibilizar á sociedade sobre a importancia da accesibilidade universal como un dereito fundamental.

Ao fío, a vicepresidenta remarcou que Down Vigo leva décadas traballando para mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, impulsando programas de formación, emprego, vida independente, participación comunitaria e inclusión cultural. A entidade desenvolve ademais proxectos que fomentan a autonomía persoal e a participación social, o cal a converte nun “referente” na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15828052,"groupId":"37861","name":"20260521_rafa_dominguez_provincia_inclusiva_aecc.jpg","alt":"Rafa Domínguez pon en valor na sede da AECC en Pontevedra as axudas do programa Provincia +Inclusiva, con máis de 200.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260521_rafa_dominguez_provincia_inclusiva_aecc.jpg","type":"document","uuid":"571e3678-9018-4954-0844-93ac64177d23","fileEntryId":"15828052","resourcePrimKey":"15828071"}

Rafa Domínguez pon en valor na sede da AECC en Pontevedra as axudas do programa Provincia +Inclusiva, con máis de 200.000 € para o fomento da accesibilidade

  21/05/2026

{"classPK":15809838,"groupId":"37861","name":"20260519_javier_touris_fundacion_residencia_divina_pastora.jpg","alt":"A Deputación visita en Vilagarcía de Arousa a Fundación Residencia Divina Pastora e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260519_javier_touris_fundacion_residencia_divina_pastora.jpg","type":"document","uuid":"3c4348a9-37f5-6ba3-0ba6-f37194fafb4a","fileEntryId":"15809838","resourcePrimKey":"15809821"}

A Deputación visita en Vilagarcía de Arousa a Fundación Residencia Divina Pastora e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  19/05/2026

{"classPK":15809605,"groupId":"37861","name":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","alt":"A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260519_paula-bouzos-asociacion-vontade1.jpg","type":"document","uuid":"34694117-d909-c898-8a50-19f8764c2f20","fileEntryId":"15809605","resourcePrimKey":"15809576"}

A Deputación visita en Tomiño a Asociación Vontade e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

  19/05/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.