Rafa Domínguez destaca a aposta da Deputación polo deporte e o turismo deportivo na presentación da 200k Rías Baixas MTB

03/06/2026

Rafa Domínguez destaca a aposta da Deputación polo deporte e o turismo deportivo na presentación da 200k Rías Baixas MTB

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na presentación da 200k Rías Baixas MTB, que tivo lugar no Pazo provincial. O vicepresidente lembrou que se trata dunha proba “única en Galicia e case poderíamos dicir que tamén a nivel nacional”, e “dunha competición moi emocionante que amosará que somos unha provincia extraordinaria e a provincia do deporte”. Herdeira da Epic Race e a Épica Pontevedra, celebrarase este sábado 6 de xuño como unha proba non stop MTB que partirá desde a Boa Vila e transcorrerá polas comarcas tanto de Pontevedra como de Caldas e O Salnés.

A 200K Rías Baixas MTB pode realizarse de xeito individual, por parellas ou por parellas con remuda, tanto con bicicletas convencionais como eléctricas, e acadará un desnivel acumulado de 3.500 metros. Ao seu paso polo casco urbano pontevedrés, o lago Castiñeiras, o Monte Xiabre ou sendeiros a carón do río Umia, “será ademais dun reto un agasallo para os sentidos”, e por iso o vicepresidente Domínguez sinalou a sinerxía entre a natureza da proba e a aposta da Deputación polo turismo deportivo, no marco da campaña A túa meta, o teu destino. “Este sábado a provincia volverá amosar de que está feita e que somos o mellor estadio deportivo do mundo”, asegurou.

Galerias de imaxes