Luis López anuncia a adxudicación das obras na estrada que conecta Peinador con Louredo por máis de 690.000 euros

A actuación centrarse nun tramo de máis de 4,4 km nos que se levarán a cabo traballos de reposición de firmes para reforzar a seguridade viaria e o servizo público

24/07/2026

Luis López anuncia a adxudicación das obras na estrada que conecta Peinador con Louredo por máis de 690.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que a Xunta de Goberno adxudicou por algo máis de 690.000 euros as obras de reposición de firmes que acometerá a institución provincial na estrada que une Peinador con Louredo (EP-2602), en Mos.

En concreto, os traballos desenvolveranse nun treito de máis de 4,4 quilómetros, nos que se busca reforzar a seguridade viaria e o servizo público. Así, as obras incluirán o saneo e fresado do pavimento deteriorado, o estendido de novas capas de formigón bituminoso con betún mellorado e a mellora do sistema de drenaxe mediante a instalación de novas tubaxes, gabias e sumidoiros. O proxecto completarase coa renovación total da sinalización horizontal e vertical, así como coa instalación de novas barreiras de seguridade.

O presidente Luis López sinalou que esta aprobación forma parte dun paquete de “tres cuestións relacionadas coa modernización e mellora para outras tantas estradas provinciais, que suman máis de 2,1 millóns de euros”, aprobadas na Xunta de Goberno desta semana. Ademais desta actuación, tamén se avanzou noutras relacionadas con estradas provinciais en Lalín e Valga. “Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

audios