2026

Plan Provincia Comunitaria

Programa de acción comunitaria da provincia de Pontevedra

Esta liña de acción pretende ser un instrumento para impulsar a cohesión territorial, a sostibilidade ambiental e a habitabilidade humana, desde un enfoque centrado, por primeira vez, nos obxectivos do reto demográfico.


Preténdese non só recuperar os programas de acción comunitaria, senón tamén impulsalos e fortalecelos coa renovación e modernización do seu enfoque, centrándoo nas persoas, de maneira que se aliñen cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, co Acordo de París sobre o cambio climático ou coa Nova Axenda Urbana.

Para este fin defínense desde unha perspectiva de integración social, de modo que a acción institucional vai dirixida a comunidades veciñais e espazos usualmente máis afectados pola desigualdade territorial, como pequenas comunidades e áreas rurais. É dicir, ponse o acento na necesaria vertebración do territorio e a xeración de sinerxías positivas sobre todo nos ámbitos rurais, implicando directamente a propia veciñanza na construción do seu propio modelo de vida con parámetros de calidade, sostibilidade e equidade na prestación de servizos.

Novas relacionadas

Noticia - GARANTIA CONCESION AXUDAS PROVINCIA COMUNITARIA 2026 INCREMENTO ORZAMENTO 10-08-2026

A Deputación garante a concesión das axudas ás asociacións veciñais programa Provincia Comunitaria tras aumentar en 1,7 M€ o seu orzamento inicial

  10/08/2026

A Deputación distribúe 15 millóns de euros en tres anos para o fortalecemento do movemento asociativo, veciñal e das comunidades de augas da provincia

A Deputación distribúe 15 millóns de euros en tres anos para o fortalecemento do movemento asociativo, veciñal e das comunidades de augas da provincia

  21/07/2026

Luis López anuncia 4 M€ máis de orzamento para atender o 100% das 900 solicitudes de axuda para asociacións de veciños e traídas de auga

Luis López anuncia 4 M€ máis de orzamento para atender o 100% das 900 solicitudes de axuda para asociacións de veciños e traídas de auga

  29/06/2026

Luis López en rolda de prensa

Luis López constata o éxito da aposta da Deputación polo tecido asociativo: case 900 colectivos solicitan axudas dos Plans de Acción Comunitaria para 2026

  10/04/2026

provincia comunitaria logo

A Deputación ultima o prazo para solicitar as tres liñas de axudas dirixidas ao tecido asociativo e movemento veciñal da provincia: +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria

  22/03/2026

Javier Tourís presentación liñas axudas accion comunitaria 2026 covelo

A Deputación presenta en Covelo as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron nove entidades do concello con máis de 81.000 €

  26/02/2026

PRESENTACIÓN LIÑAS AXUDAS ACCION COMUNITARIA 2026 MORAÑA

A Deputación presenta en Moraña as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron once entidades do concello con 125.000 €

  25/02/2026

Javier Toruirs acción comunitaria

A Deputación presenta en Agolada as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron catro entidades do concello con máis de 26.000 €

  21/02/2026

Logo deputacion pontevedra entrada

A Deputación presenta en Vilagarcía de Arousa as liñas de axudas de Acción Comunitaria do 2026, das que en anos anteriores se beneficiaron 15 entidades do concello con máis de 150.000 €

  20/02/2026

Mostrando o intervalo 1 - 9 de 55 resultados.