#CULTURA
Cinema de serán
Cinema de Serán é un novo ciclo de cine de rúa para público familiar que se vai desenvolver durante os meses de setembro e outubro en dez concellos da provincia.
Os concellos puideron escoller de entre un pequeno catálogo que incluía filmes de produción galega ou rodados na comunidade, así como títulos de animación estreados nos últimos anos. Con esta actividade o público poderá gozar dunha xornada de cinema en familia ou con amizades nunha pantalla de gran formato nas prazas da súa localidade, ou en espazos a cuberto se o tempo non acompaña, na que non faltarán nin as súas personaxes favoritas nin os flocos de millo. Que mellor que un final de verán de cine!
| Concello | Mes | Día | Horario | Película | Localización 1 | Localización 2 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Forcarei | Setembro | 11 | 21 h | +Cuñados | Praza da Igrexa, 1 | Casa do concello |
| Cuntis | Setembro | 26 | 21 h | Rondallas | Praza de Ferrol | |
| Tomiño | Setembro | 18 | 21 h | Lilo&Stich | Praza do Seixo | Auditorio de Goián |
| A Guarda | Setembro | 22 | 21 h | Rondallas | Praza do Reló | |
| Mos | Outubro | 4 | 20:30 h | Kung Fu Panda 4 | Centro Dotacional de Torroso (exterior) | |
| Moraña | Outubro | 3 | 21 h | Cómo adestrar o teu dragón | Explanada do multiúsos | Multiúsos |
| Poio | Setembro | 25 | 21 h | +Cuñados | Praza Alfredo Romay Besada, Samieira | Local Social Río de Bois, Samieira |
| Fornelos de Montes | Setembro | 18 | 20 h | A galiña Turuleca | Multiúsos | |
| Covelo | Setembro | 19 | 21:30 h | +Cuñados | Praza do Mestre Cerviño | Auditorio |
| Salvaterra de Miño | Setembro | 26 | 20:30 h | Rondallas | Praza do Concello | Casa da Cultura |