O goberno de Luis López destina en dous anos 2,5 millóns de euros a impulsar programas, plans e iniciativas dirixidas á xuventude da provincia

“Se había un sector da poboación abandonado ata que comezamos a gobernar nós na Deputación esa era a xuventude”, subliñou o deputado de Xuventude Jorge Cubela

10/07/2025

O goberno de Luis López destinou nos dous primeiros anos de mandato 2,5 millóns de euros a impulsar programas, plans e iniciativas dirixidas á xuventude da provincia . "Se había un sector da poboación abandonado ata que comezamos a gobernar nós na Deputación –subliñou o deputado de Xuventude Jorge Cubela- ese era a xuventude".

Ao longo destes dous primeiros anos de mandato na Deputación de Pontevedra, tal e como destacou o deputado provincial, "podemos presumir de ter creado un servizo específico para atender á mocidade, con plans propios adaptados ás súas demandas e proxectos e iniciativas que sitúan á xuventude no centro". Ao respecto, Jorge Cubela mencionou novidosos programas como o Plan +Xuventude, O Teu Espazo Xuvenil ou Vive o Rural, nos que nestes dous anos e investiron 410.000 euros para poñer en marcha proxectos dirixidos á mocidade, financiar o equipamento de instalacións e locais xuvenís ou realizar saídas educativas a granxas escola da provincia.

Ademais destes programas, o goberno provincial investiu neste período 1,1 millóns de euros nos Campamentos da Lanzada, 160.000 euros nos Premios provinciais á Xuventude, preto de 50.000 para poñer en marcha ciclos de conferencia da man da Real Academia Galega de Ciencias, máis de 30.000 euros para o programa Pontevedra Literaria, máis de 30.000 euros para poñer en marcha proxectos dirixidos ou liderados pola mocidade e 17.000 euros para o Plan estratéxico de Xuventude e o concurso de deseño Xuventude en E-maxes. Uns recursos que se completan con máis de 440.000 euros para os programas de capacitación dixital para persoas maiores de 50 anos de concellos de reto demográfico Hub Dixital e +Reto Dixital, enmarcados tamén no servizo de Xuventude e Reto Demográfico.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.