#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Cia ARTURO COBAS : NONO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 55 min

  • Persoa representante : Pistacatro

  • Datos de contacto : 637 084 928 - expo@pistacatro.com

  • Páxina web do grupo : https://pistacatro.com/es/nono/

  • Sinopsis da compañia :

    Arturo Cobas é un artista galego de Novo Circo e performer formado na Circus Space de Londres. Especialista en mimo e malabares, leva percorrido durante os últimos 8 anos moitos escenarios de Galicia. Ademáis de artista, dirixiu espectáculos vinculados á danza e ó circo e traballa como profesor de Clown e de Teatro de Improvisación en diferentes espazos en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Benvidos ao mundo de "Nono", este inocente clown que vos fará viaxar polo seu mundo de fantasía, un mundo no que tentará amosar os seus mellores trucos de malabares aínda que os problemas aparezan en cada esquina, aínda que ao final, sempre rematan resolvéndose con moito humor. Poderedes desfrutar de incribles malabares, unha pelea encarnizada cun mosquito, a aparición do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo e moito, moito, máis. Todo isto, nunha combinación de mimo, malabares, manipulación de marionetas, clown e un mundo sen palabras que vos fará rir e saltar dos asentos. Un espectáculo rico e cheo de paixón para todas as idades.

  • Caché con IVE : 990.0 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1600.0 €

  • Técnica