A Deputación avanza na promoción da provincia como lugar de rodaxes cinematográficas da man da Spain Film Commission e da Galicia Film Commission

A deputada de Turismo, Nava Castro, participou no Parador de Cambados nun brainstorming sobre o programa Experiencias, do que a Deputación forma parte xunto con Formentera, Burgos e Sevilla, para converter as producións audiovisuais en experiencias turísticas sostibles

09/09/2025

Nava Castro

A Deputación de Pontevedra sigue a dar pasos cara adiante para promover a provincia como lugar de rodaxes cinematográficas. Neste caso, da man da Spain Film Commission e da Galicia Film Commission, a deputada provincial, Nava Castro, xunto coa directora de Turismo, Romina Fernández, acaba de participar no Parador de Cambados nun brainstorming sobre o Programa Experiencias, do que a Deputación forma parte xunto con Formentera, Burgos e Sevilla, para converter as producións audiovisuais en experiencias turísticas sostibles.

No encontro, a Deputación de Pontevedra avanzou na elaboración da experiencia relacionada co turismo de pantalla na provincia. “Estamos convencidos da importancia de captar producións audiovisuais porque sabemos da forte capacidade que teñen para inclinar a balanza á hora de elixir destinos turísticos”, asegurou a deputada provincial quen recordou que ao longo do 2025 o organismo provincial xestionou xa 46 peticións de rodaxes de series e películas en Rías Baixas. “A provincia de Pontevedra ten moito que dicir e quere ter moito que dicir neste ámbito”, subliñou a Castro quen engadiu que ao longo deste ano a Deputación a través da súa Film Commission ten participado en encontros a nivel nacional e internacional e anunciou que está previsto que teña presenza na Shooting Locations Marketplace de Valladolid e promova viaxes de familiarización con localizadores e profesionais do sector audiovisual a nivel nacional e internacional.

O principal obxectivo do programa Experiencias, no que a provincia de Pontevedra foi seleccionada pola Spain Film Commission xunto con outros lugares de España como Formentera, Burgos e Sevilla, é ofrecer unha nova dimensión para descubrir a riqueza cultural e paisaxística do país a través do cinema e das series. Esta iniciativa ten como base o rápido crecemento do turismo de pantalla, unha modalidade turística emerxente no mercado internacional que segundo Travelsat Competitive Index move a máis de 80 millóns de turistas que escollen destino motivados por películas e series de televisión. Neste eido, España atópase entre os catro principais países exportadores de títulos de películas, o cuarto país máis empregado para localizacións de películas e ocupa o segundo lugar no ránking mundial de atraccións de visitantes. 

 

Novas relacionadas

{"classPK":3350715,"groupId":"37861","name":"Film-Commission-900-600.jpg","alt":"film commission","title":"Film-Commission-900-600.jpg","type":"document","uuid":"43945310-4d21-e0b6-63ee-6fafee6ed65b","fileEntryId":"3350715","resourcePrimKey":"14125521"}

A Deputación promociona Rías Baixas como plató de cinema en Focus London, un encontro internacional da industria audiovisual que se celebra entre o 8 e o 9 de decembro en Londres

  06/12/2025

{"classPK":13371613,"groupId":"37861","name":"20250826_luislopez_oficinaturismo_aestrada_jphilippot_05.jpg","alt":"Luis López fai balance do mes de xullo en Rías Baixas","title":"20250826_luislopez_oficinaturismo_aestrada_jphilippot_05.jpg","type":"document","uuid":"e3e87df1-230e-2ebc-417b-9e72fa076a99","fileEntryId":"13371613","resourcePrimKey":"13370986"}

Luis López fai balance do mes de xullo en Rías Baixas: líder en estadía media en Galicia e aumento de case un 6% no total de turistas estranxeiros

  26/08/2025

{"classPK":13149593,"groupId":"37861","name":"20250717_luislopez_segittur_enoturismo_jphilippot_09.jpg","alt":"Clausura Encontro Nacional de Enoturismo Lagar de Pintos Ribadumia Segittur","title":"20250717_luislopez_segittur_enoturismo_jphilippot_09.jpg","type":"document","uuid":"4b884e59-312d-1d70-823d-1b6198e88b1c","fileEntryId":"13149593","resourcePrimKey":"13149708"}

Luis López salienta a “valiosa oportunidade” que representa o enoturismo para construír un destino internacional, desestacionalizado e descentralizado

  17/07/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.