A Deputación activa a contratación do servizo de escavación arqueolóxica no convento de Santa Clara, dotado con máis de 386.000 euros

“Trátase dun proxecto arqueolóxico completo que é preciso poñer en marcha para poder afrontar a rehabilitación integral de Santa Clara”, subliñou o presidente

18/07/2025

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de escavación arqueolóxica do convento de Santa Clara, por importe de máis de 386.000 euros. O presidente provincial, Luis López, destacou que "trátase dun proxecto arqueolóxico completo que é preciso poñer en marcha para poder afrontar a rehabilitación integral de Santa Clara".

O proxecto de escavación arqueolóxica no convento de Santa Clara executarase en tres fases. Unha primeira, na que a empresa que resulte adxudicataria deberá remitir o proxecto en 15 días desde a data de formalización do contrato; unha segunda na que se executarán os traballos arqueolóxicos; e unha terceira para a redacción dos informes e as memorias de actuación.

"Seguimos a traballar sen descanso para que a rehabilitación integral de Santa Clara sexa unha realidade canto antes e se converta nun lugar para o desfrute da cidadanía de Pontevedra e da provincia", subliñou o presidente da Deputación Luis López quen situou esta actuación como "un proxecto estratéxico e clave para o conxunto da provincia".

videos

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.