A Deputación aproba a concesión de 350.000 € para apoiar 26 novas contratacións de persoal nos concellos de Moraña, Rodeiro e Vilaboa

Luis López informou do visto bo a estas novas achegas do Plan +Provincia 2026-2027, que permitirán reforzar os servizos municipais destes tres concellos

13/02/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno provincial de tres novas achegas por valor de 350.000 € aos concellos de Moraña, Rodeiro e Vilaboa para impulsar un total de 26 novas contratacións no marco da liña 3 do Plan +Provincia 2026-2027.

Grazas a estes recursos, estes tres concellos poderán reforzar os seus servizos municipais coa incorporación de persoal temporal de diferentes perfís. Así, Moraña recibirá 109.000 € para realizar oito contratacións: un monitor de servizos á comunidade, un peón transportista, un albanel, un condutor e catro peóns forestais. Pola súa banda, Vilaboa dedicará 115.000 € do Plan +Provincia para realizar seis contratacións: dous peóns forestais, dous operarios de maquinaria forestal e dous albaneis. Por último, Rodeiro recibirá 126.000 € para o impulso de 12 contratacións: sete peóns de servizos diversos, dous técnicos de educación infantil, un auxiliar administrativo, un traballado social e mais un educador social.

Luis López destacou que “seguimos sumando recursos dentro destes 85 millóns de € dos que está dotado o +Provincia 2026-2027, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación de Pontevedra”.

videos

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.