Deputación e Concello de Pontevedra prorrogan o convenio para a cesión do recinto conventual e do templo de Santa Clara

13/11/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, presidiu esta mañá a reunión da comisión de seguimento do convenio de Santa Clara, na que se acordou prorrogar por catro anos máis, ata o 4 de xaneiro de 2031, o convenio de colaboración entre a Administración provincial e o Concello de Pontevedra para a cesión do recinto conventual e do templo de Santa Clara á Deputación de Pontevedra.

A institución provincial continúa así avanzando no seu obxectivo de incorporar Santa Clara ao Museo de Pontevedra e acometer a súa rehabilitación para destinala a usos museísticos, compatibilizándoos coa apertura ao público de arredor de 4.500 metros cadrados do bosque, da horta conventual e doutras zonas exteriores do recinto.

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 20 resultados.