Luis López convida a descubrir a provincia do deporte a través de eventos de gran repercusión como o Descenso Internacional do río Umia en Ribadumia

O presidente provincial participa na presentación da edición número 31 dunha regata na que participarán preto dun milleiro de padeeiros de todas as categorías e distintos países

04/09/2025

Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a contribución de entidades como o Club Náutico o Muíño e de concellos como o de Ribadumia para consolidar ás Rías Baixas como a provincia do deporte. Fíxoo na presentación da edición número trinta e un do Descenso Internacional do río Umia que se celebra este sábado 6 de setembro desde a praia fluvial de Oubiña ata a ponte de Barrantes e na que participarán preto dun milleiro de padeeiros. “Convido a todo o mundo a que se achegue esta fin de semana a Ribadumia para desfrutar deste espectáculo porque seguro que o ano que vén, repiten”, asegurou López

O Descenso Internacional do Río Umia, que promove o club náutico O Muíño de Ribadumia, celebra este ano a súa edición número 31. Unha proba puntuable para a Liga Galega de Ríos e Travesías da Federación Galega de piragüismo e na que se agarda a participación de preto dun milleiro de padeeiros de procedentes de clubs de distintos países. O percorrido, duns 7.000 metros de lonxitude, parte desde o Concello de Cambados, da praia fluvial de Oubiña; e ten a súa meta na Ponte de Barrantes, xa en territorio do Concello de Ribadumia. “Este tipo de eventos deportivos internacionais sería imposible facelo sen clubs como O Muíño, ao quero agradecer todos os anos de traballo e os valores que inculcan aos deportistas”, recalcou o dirixente.

O mandatario provincial defendeu a condición de Pontevedra como provincia do deporte cunha longa lista de argumentos. “En piragüismo somos unha referencia mundial, os nosos clubes, como o Muiño; e os nosos deportistas, como Adrián Sieiro (padeeiro co club local), son os mellores do mundo. A provincia é un polideportivo ao aire libre e, a efectos de instalacións, desde a Deputación articulamos uns plan extraordinarios de infraestruturas deportivas para mellorar os equipamentos municipais a través dos cales levamos investidos 12 millóns de euros en dous anos. E no caso das competicións que organizamos, as 31 edicións deste Descenso Internacional do río Umia é un exemplo, como o de LaVuelta, que acolleremos unha etapa entre Combarro e Mos a vindeira semana”, enumerou o presidente.

Neste sentido, Luis López reflexionou tamén sobre o caso particular do Concello de Ribadumia, que “con 5.000 habitantes é unha potencia no deporte”, afirmou antes de citar eventos que de índole internacional que se celebran cada ano neste concello do Salnés como o Arousa Fútbol 7, a Copa Ribadumia ou a MiniBTT. “Non me canso de repetilo, somos a provincia do deporte”, concluíu o presidente provincial, quen reafirmou o compromiso da Deputación para seguir colaborando en eventos como este Descenso Internacional do Río Umia e apoiando a actividade de clubs como O Muíño.

Galerias de imaxes

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14977596,"groupId":"37861","name":"20260321_luislopez_centroloxistico_mancomunidadesalnes_restevez_02.jpg","alt":"Luis López acorda coa Mancomunidade do Salnés un novo apoio aos concellos da comarca: a Deputación financiará o 40% do futuro centro loxístico do ente supramunicipal","title":"20260321_luislopez_centroloxistico_mancomunidadesalnes_restevez_02.jpg","type":"document","uuid":"97c186de-bbc8-8249-2d7e-8ec09e2848c4","fileEntryId":"14977596","resourcePrimKey":"14977673"}

Luis López acorda coa Mancomunidade do Salnés un novo apoio aos concellos da comarca: a Deputación financiará o 40% do futuro centro loxístico do ente supramunicipal

  21/03/2026

{"classPK":13421276,"groupId":"37861","name":"20250903_luislopez_empresas_barro_jphilippot_08.jpg","alt":"Luis López dá a benvida ao viveiro de empresas de Lalín e Barro-Meis a oito novos emprendedores,","title":"20250903_luislopez_empresas_barro_jphilippot_08.jpg","type":"document","uuid":"390bd8ef-48de-75bf-e42c-84cd0c77e7b1","fileEntryId":"13421276","resourcePrimKey":"13421496"}

Luis López dá a benvida ao viveiro de empresas de Lalín e Barro-Meis a oito novos emprendedores, que amplían a máis de 80 as empresas acompañadas pola Deputación

  03/09/2025

{"classPK":12869557,"groupId":"37861","name":"20250529_rafadominguez_epicapontevedra_jphilippot_06.jpg","alt":"presentación da nova Épica Pontevedra","title":"20250529_rafadominguez_epicapontevedra_jphilippot_06.jpg","type":"document","uuid":"e9f133ca-b886-4464-68cf-cf08243c982b","fileEntryId":"12869557","resourcePrimKey":"12869576"}

A Deputación acolle a presentación da nova Épica Pontevedra, “unha proba única e das máis emocionantes de todas as que se celebran en Galicia”

  29/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.