Rafa Domínguez sitúa a Pontevedra como a provincia da cultura na estrea do III Encontro Pontevedra Literaria, protagonizado por Marcos Giralt Torrente e as súas reflexións sobre “Escribir para entender”

“Escribir non só ten que ver con imaxinar escenarios, senón tamén con explorar quen somos”, remarcou Domínguez quen aproveitou para recordar que “esta iniciativa foi posta en marcha para dar resposta ás inquedanzas da xuventude da provincia”

01/10/2026

Rafa Domínguez sitúa a Pontevedra como a provincia da cultura na estrea do III Encontro Pontevedra Literaria, protagonizado por Marcos Giralt Torrente e as súas reflexións sobre “Escribir para entender”

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra Rafa Domínguez subliñou esta tarde o papel protagonista de Pontevedra como provincia de cultura e de letras na inauguración do III Encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, protagonizado por Marcos Giralt Torrente e as súas reflexións sobre “Escribir para entender”. “Somos a provincia da cultura”, remarcou Domínguez, que recordou que esta iniciativa “foi posta en marcha para dar resposta ás inquedanzas da xuventude da provincia”.

“Escribir non só ten que ver con imaxinar escenarios, senón tamén con explorar quen somos. Diso sabe moito Giralt Torrente que, na súa última novela, “Los ilusionistas”, ofrece un relato sobre como quen nos rodea define a persoa na que nos convertemos”, subliñou o vicepresidente sobre o protagonista da primeira sesión do III Encontro Pontevedra Literaria. “Agardamos que as reflexións de Marcos Giralt Torrente sexan de grande utilidade para todas aquelas persoas, máis novas ou non, que teñan algún tipo de inquietude e sintan esa pulsión pola escritura”.

Tralo paso de Giralt Torrente polo salón de plenos do Pazo provincial, o venres será a quenda de Alice Kellen, unha das autoras máis populares da novela romántica con quen comparte o cartel do III encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes. Neste caso, a escritora, baixo o título “Historias que nos conectan” afondará no proceso de creación de historias capaces de atravesar as páxinas e conectar co público novo.

Galerias de imaxes