Luis López participa na entrega de trofeos do campionato de fútbol base Torneo Termas de Cuntis
31/05/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, achegouse nesta tarde de sábado ao campo de fútbol da Ran, en Cuntis, para tomar parte da entrega de trofeos do campionato de fútbol base Torneo Termas de Cuntis organizado polo Atlético Cuntis, entidade que convidou ao presidente da Deputación a participar nun evento enmarcado na celebración do undécimo aniversario desta entidade deportiva.
