Luis López participa na procesión da Virxe Peregrina, patroa da provincia, polas rúas de Pontevedra

10/08/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo na solemne procesión da Virxe Peregrina, patroa da provincia de Pontevedra, que saíu ás 21:00 horas do Santuario da Virxe Peregrina e percorreu as rúas do casco histórico da cidade. O presidente estivo acompañado dos vicepresidentes Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, así como de practicamente a totalidade do goberno provincial.

O presidente Luis López foi ademais esta mañá o encargado de realizar a lectura da ofrenda á Virxe Peregrina, que tivo lugar durante a misa pontifical celebrada neste mesmo templo, organizada pola Confraría Nosa Señora do Rexufio a Divina Peregrina.

Galerias de imaxes