Luis López recoñece o impulso da Festa do Viño Tinto Rías Baixas das Neves para fomentar o turismo de interior, a descentralización do destino e o enoturismo na provincia

O presidente provincial participa nas Neves na celebración da vixésima edición dunha festa que “demostra que o interior da provincia está cheo de tesouros”

12/07/2026

Luis López recoñece o impulso da Festa do Viño Tinto Rías Baixas das Neves para fomentar o turismo de interior, a descentralización do destino e o enoturismo na provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, define a Festa do Viño Tinto Rías Baixas que se está a celebrar esta fin de semana nas Neves como exemplo da riqueza e dos atractivos do interior da provincia. O mandatario provincial participou este domingo na celebración da vixésima edición dunha cita que consolida o enoturismo como un dos principais motores de desenvolvemento económico e turístico das Rías Baixas. “Na Deputación levamos xa moito tempo defendendo que o interior da provincia está cheo de tesouros. E As Neves demostrado que é un concello cun patrimonio natural único, que exporta calidade de vida e desde o que levamos xa 20 anos exaltando un dos nosos mellores produtos”, salientou López.

A Festa do Tínto Rías Baixas celebra este ano a súa vixésima edición nas Neves cun programa festivo celebrado ao longo desta fin de semana que inclúe a lectura do pregón a cargo do humorista Isi, degustacións, actividades infantís, pasarrúas e actuacións musicais, coma a Luar na Lubre promovida pola Deputación a través do programa +Música. O titular do goberno provincial participou no acto institucional da festa na que puxo en valor o labor tanto do alcalde e o seu equipo de goberno como o de todas as persoas e colectivos que fan posible a organización deste evento cada ano. Neste sentido, López reafirmou o compromiso da Deputación co Concello das Neves, no que ven aprobar un investimento de 100.000€ para a humanización do Torreiro de Tortoreos e no que colabora a través de diversas iniciativas, unha delas enmarcada na provincia do deporte e que estableceu este ano nas Neves o punto de saída da etapa final do Gran Camiño.

“A Festa do Tinto das Neves é unha referencia no calendario de festas do verán na nosa provincia, supón un importante motor económico para concellos como o das Neves e demostra que o enoturismo é unha gran oportunidade para avanzar na descentralización do destino, impulsar o turismo de interior e avanzar na sustentabilidade da provincia”, concluíu o presidente, quen anima a toda a poboación da provincia e aos que a visitan a descubrir xoias do interior como o concello das Neves.

Galerias de imaxes