Luisa Sánchez agasalla con libros sobre Vigo ao alumnado do IES Álvaro Cunqueiro que viaxa a Italia co programa Erasmus+

23/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao IES Álvaro Cunqueiro para facer entrega de material de fondo bibliográfico da Deputación de Pontevedra como agasallo para ao alumnado que viaxará este 25 de setembro ao estranxeiro dentro do proxecto e das mobilidades Erasmus da institución provincial. Os quince estudantes, que vivirán en Florencia, recibiron os libros ‘A Orixe de Vigo’ e ‘O desenvolvemento histórico de Vigo e a súa comarca’. No acto participaron Malores Villanueva, directora do centro e Asun González, coordinadora do programa. A vicepresidenta recalcou a importancia de nutrirse doutras culturas e recordoulles que “esta é una experiencia que marcará non só o voso futuro profesional senón tamén a vosa vida persoal para sempre”.

Galerias de imaxes