Luisa Sánchez acompaña á AVCU-CSCR de Beade na celebración da XXXIX Festa da Cereixa

14/06/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo na XXXIX Festa da Cereixa de Beade, organizada pola AVCU-CSCR de Beade, unha das citas gastronómicas máis populares da primavera viguesa. A celebración volveu reunir centos de persoas arredor dun dos produtos máis representativos da parroquia, que participaron nas degustacións e propostas de lecer programadas pola asociación. Durante a súa intervención, a representante provincial en Vigo valorou o coidado co que a veciñanza da parroquia trata o seu patrimonio natural e salientou a calidade da cereixa de Beade.

Galerias de imaxes