Luisa Sánchez arroupa ao Club Maniotas na presentación do equipo de cara a súa primeira tempada na elite e o seu 40º aniversario

25/09/2026

Luisa Sánchez arroupa ao Club Maniotas na presentación do equipo de cara a súa primeira tempada na elite e o seu 40º aniversario

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra de deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou na presentación da nova tempada do Club Maniotas, celebrada este venres na Pista Vermella do pavillón das Travesas. A entidade, presidida por Paula García, logrou a pasada campaña o ascenso a Primeira División da Liga Iberdrola por primeira vez na súa historia. No acto, Luisa Sánchez trasladou ao club unha mensaxe de ánimo de cara ao debut na elite e co gallo do seu 40º aniversario. “A este ano pídolle que sigades tan ben como o pasado, escollendo sempre o deporte e a ximnasia, e sei que si iso se cumpre, todo o demais irá rodado”, alentou.

Galerias de imaxes

audios