Luis López anuncia un investimento de 260.000 euros para mellorar a iluminación pública da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, en Cerdedo-Cotobade

O obxectivo é mellorar a iluminación nos itinerarios peonís e na zona de tránsito motorizado no primeiro quilómetro e medio da estrada, unha actuación que se suma ao preto dun millón de euros que se está a investir xa na mellora da mobilidade da vía

31/01/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe a aprobación dun novo convenio de colaboración co Concello de Cerdedo-Cotobade para seguir avanzando na reforma da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei. Nesta ocasión, o obxectivo é mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil mediante a iluminación pública, unha actuación que se executará no primeiro quilómetro e medio da estrada e que ten un orzamento de 260.000 €, dos que a Deputación achega o 70%, é dicir, 180.000 €, e o Concello o 30% restante, 80.000 €.

Uns recursos que, como recordou Luis López, se suman ao case millón de euros (665.000 euros achegados pola Deputación e 285.000 polo Concello) que a Deputación xa está a investir neste tramo desta estrada provincial  e que servirán para mellorar o alumeado tanto nos itinerarios peonís como na zona de tránsito motorizado. “En resumo, 1,2 millóns de euros para transformar completamente esta estrada provincial e seguir avanzando no noso obxectivo de manter en óptimo estado a rede de vías da Deputación, fundamentais na vertebración do noso territorio”, asegurou López.

Así, a través desta actuación preténdese solucionar os problemas de seguridade viaria detectados na estrada provincial, ao existir niveis moi baixos de iluminación na plataforma da vía debido, en grande medida, a que as instalacións existentes son obsoletas, ineficaces e insuficientes segundo as actuais demandas sociais, enerxéticas e medioambientais.

Novas relacionadas

{"classPK":12862739,"groupId":"37861","name":"20250528_belen-cachafeiro-jorge-cubela-estrada-a-xesteira-almofrei.jpg","alt":"elén Cachafeiro e o deputado provincial e tamén alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela","title":"20250528_belen-cachafeiro-jorge-cubela-estrada-a-xesteira-almofrei.jpg","type":"document","uuid":"44bc3f54-256a-b628-c8de-edf2e588cd25","fileEntryId":"12862739","resourcePrimKey":"12862956"}

A Deputación supervisa as melloras na estrada provincial EP-0405 A Xesteira-Almofrei, onde se están a investir preto de 1,3 millóns de euros

  28/05/2025

{"classPK":11794334,"groupId":"37861","name":"20241214_estrada_rafaestevez_001.jpg","alt":"Inauguración da transformacion da estrada provincial entre Serrapio e Portela","title":"20241214_estrada_rafaestevez_001.jpg","type":"document","uuid":"0b2893f5-4d47-45a8-93a4-dfcf5ef73da8","fileEntryId":"11794334","resourcePrimKey":"11794494"}

Luis López inaugura a transformación acometida no treito de 1,2 quilómetros da estrada provincial entre Serrapio e Portela, na que a Deputación investiu 400.000 euros

  14/12/2024

{"classPK":11161079,"groupId":"37861","name":"20240903_isabel-couselo_jorge-cubela_serrapio-portela-2.jpg","alt":"","title":"20240903_isabel-couselo_jorge-cubela_serrapio-portela-2.jpg","type":"document","uuid":"3efb0002-9590-14bd-8e13-c7913aeb6b56","fileEntryId":"11161079","resourcePrimKey":"11161098"}

A Deputación ultima as obras de ensanche e mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP-7102 Serrapio-Portela en Cerdedo-Cotobade

  03/09/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.