Luis López anuncia a activación do procedemento para contratar a mellora da seguridade nas estradas provinciais EP-9703 Vilanova de Arousa-Pontearnelas e EP-9701 Baión-András, cun investimento de preto de 1,3M€

“Seguimos sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”, remarcou o presidente

30/01/2026

Xunta de goberno

Luis López anuncia que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar as obras de mellora da seguridade viaria nas estradas provinciais EP-9703 Vilanova de Arousa-Pontearnelas, coñecida como estrada de Ousensa, e na EP-9701 Baión-András, cun orzamento de preto de 1,3 millóns de euros. “Seguimos -remarcou o presidente- sumando recursos e aprobando investimentos para mellorar a nosa rede de estradas provinciais e avanzar na seguridade destas infraestruturas que son fundamentais para vertebrar o noso territorio”.

Con estes recursos, actuarase para mellorar a seguridade viaria nun treito de máis de 2,5 quilómetros da estrada provincial EP-9703 Vilanova de Arousa-Pontearnelas, entre os puntos quilométricos 0+000 e 2+530, e, no caso da EP-9701 Baión-András, noutros 400 metros, entre os puntos quilométricos 8+800 e 9+218. En ámbalas dúas vías reporase o firme existente mediante fresado e a posterior extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente.

Ademais, a actuación nestas dúas estradas provinciais ao seu paso polo Concello de Vilanova de Arousa contempla a mellora da drenaxe superficial mediante a execución de cunetas transitables de formigón en distintos tramos e dunha nova rede de pluviais para evacuar as choivas. Finalmente, a mellora destas vías contempla a renovación da sinalización horizontal e vertical para salvagardar a prestación do servizo público e a seguridade.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":15282966,"groupId":"37861","name":"20260428_belencachafeiro_vilanova1.jpg","alt":"A Deputación supervisa en Vilanova de Arousa as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial de Baión e das Sinas, cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros","title":"20260428_belencachafeiro_vilanova1.jpg","type":"document","uuid":"556dab35-0f4e-0d6e-af9a-10f5bef64503","fileEntryId":"15282966","resourcePrimKey":"15282994"}

A Deputación supervisa en Vilanova de Arousa as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial de Baión e das Sinas, cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros

  28/04/2026

{"classPK":9549839,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-2.jpg","alt":"Logo deputacion pontevedra entrada","title":"20240620_logo_entrada-2.jpg","type":"document","uuid":"1c5a9277-563e-a28e-43f3-4052fc0d7977","fileEntryId":"9549839","resourcePrimKey":"14585274"}

A Deputación abre o prazo de presentación de ofertas para optar ás obras de mellora da estrada de Ousensa e da estrada de Baión, en Vilanova de Arousa, cun orzamento de preto de 1,3M€

  09/02/2026

{"classPK":14494620,"groupId":"37861","name":"20260130_luislopez_roldaprensa_rafaestevez1.jpg","alt":"","title":"20260130_luislopez_roldaprensa_rafaestevez1.jpg","type":"document","uuid":"319f4a69-c6c3-70a9-34df-980c777e1480","fileEntryId":"14494620","resourcePrimKey":"14494605"}

A Deputación destinará este ano 200.000 €, 30.000 € máis que no 2025, aos festivais audiovisuais da provincia

  30/01/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.