A Deputación avanza que destinará máis de 530.000 euros para financiar integramente a mellora da seguridade viaria na estrada de Porto Cabeiro, en Redondela

A deputada provincial Sandra Bastos visitou hoxe o concello para anunciar que o organismo financiará a totalidade desta actuación entre a N-555 e o Camiño do Campiño para incorporar un itinerario peonil seguro que facilite o acceso ao CEIP Porto Cabeiro

07/05/2025

Mellora da seguridade viaria na estrada de Porto Cabeiro, en Redondela

A deputada provincial Sandra Bastos visitou hoxe o Concello de Redondela onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras de mellora da seguridade viaria na estrada de Porto Cabeiro, entre a N-555 e o Camiño do Campiño, para incorporar un itinerario peonil seguro que facilite o acceso ao CEIP Porto Cabeiro. Farao a través dun investimento de 530.300 euros procedentes da liña 1 do Plan +Provincia que serán aprobados este mesmo venres na Xunta de Goberno do organismo provincial.

A deputada provincial deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, que permitirán ao Concello de Redondela modificar a sección transversal da estrada de Porto Cabeiro para incorporar un itinerario peonil seguro que facilite o acceso ao CEIP Porto Cabeiro desde a estrada nacional N-555. En liñas xerais crearase unha calzada con dous carrís de 2,75 metros e unha beirarrúa de ancho variable, entre 1,1 metros e os 3 metros, con pavimento de formigón. Nas zonas con maior concentración de vivendas crearase unha plataforma única e no tramo máis estreito da vía, con edificacións a ambas marxes e onde se atopa unha nave industrial, separarase o tránsito peonil do rodado. A actuación completarase con elementos vexetais, ao longo do itinerario, que acompañarán tanto a beirarrúa como as zonas de estancia.

Bastos recordou que neste 2025 Redondela recibirá máis de 1,2 millóns de euros a través do Plan +Provincia da Deputación.  Neste eido enxalzou este programa que representa "á perfección a nosa forma de traballar, escoitando, atendendo e dando resposta ás demandas dos concellos para transformalos e, así, conseguir que esta provincia avance como nunca antes fixera". A deputada asegurou que "plans como este permiten que concellos como Redondela poidan afrontar investimentos e impulsar actuacións transformadoras, como esta en Porto Cabeiro, que modernizan o territorio e melloran a calidade de vida das nosas veciñas e veciños".

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":12686327,"groupId":"37861","name":"20250502_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","alt":"Xunta de goberno","title":"20250502_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"f1dac2c5-84d9-0f82-8593-2cf1a33f55b7","fileEntryId":"12686327","resourcePrimKey":"12700997"}

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,3 millóns de euros para que 7 concellos impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente

  02/05/2025

{"classPK":12667580,"groupId":"37861","name":"20250429_LuisLopez_CaminoMoana_REstevez_01.jpg","alt":"Luis López salienta a mellora da seguridade viaria en Moaña","title":"20250429_LuisLopez_CaminoMoana_REstevez_01.jpg","type":"document","uuid":"ecc19c1e-e22b-56d9-7840-388ed8ff5ce3","fileEntryId":"12667580","resourcePrimKey":"12667835"}

Luis López salienta a mellora dos servizos e da seguridade viaria en Moaña despois do investimento de 240.000€ da Deputación na reforma dun camiño municipal en Domaio

  29/04/2025

{"classPK":12652576,"groupId":"37861","name":"20250425_xunta_rafaestevez_01.jpg","alt":"Xunta de goberno","title":"20250425_xunta_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"1e95f893-af06-a750-3ece-235f885192de","fileEntryId":"12652576","resourcePrimKey":"12652603"}

Luis López salienta que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 2,1 millóns de euros para que 10 concellos impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten persoal

  25/04/2025