A Deputación instalará unha pantalla xigante en Vigo para apoiar a España nas semifinais do Mundial
11/07/2026
A Deputación de Pontevedra instalará este martes, 14 de xullo, unha pantalla xigante na Praza da Estrela de Vigo para que a cidadanía poida seguir en directo o partido de semifinais do Mundial de fútbol masculino que enfrontará, a partir das 21.00 horas, ás seleccións de España e Francia.
Así o anunciou este sábado a vicepresidenta, Luisa Sánchez, quen celebrou a “inmensa alegría” que deu a selección española este venres vencendo a Bélxica. Deste xeito, animou a seguir apoiando á selección española “con ilusión, con entusiasmo e contra calquera rival que se nos poña diante”.
A representante provincial en Vigo avanzou o inicio inmediato da solicitude das autorizacións correspondentes. “Ao igual que fixemos para a eliminatoria de cuartos de final, entregaremos toda a documentación solicitada”, precisou. Neste sentido, instou ao Concello de Vigo a conceder os permisos baseándose en decisións exclusivamente técnicas.
Ao respecto, recordou que os funcionarios provinciais e municipais mantiveron este pasado venres unha “comunicación fluída” para cumprir con todos os requisitos que permitisen proxectar o partido de cuartos de final na Praza da Estrela. De feito, os servizos provinciais entregaron a tempo toda a documentación requirida. Malia iso, o goberno local enviou ordenou desmontar a pantalla da Deputación.
“Nós imos seguir ofrecendo alternativas á cidade e volveremos facer o necesario para que esta iniciativa saia adiante. Farémolo, como xa fixemos, cumprindo todos os requisitos que se nos esixan”, apuntou Luisa Sánchez. “Oxalá este martes a noticia sexa unicamente o fútbol, que os vigueses poidan gozar do partido e que España acade o billete para a final do Mundial”, rematou.
