Luis López asiste ao partido inaugural do renovado Campo de Fútbol Municipal da Estrada entre o Estradense e o Gran Peña, do grupo galego da categoría de 3ªRFEF

07/11/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado ao partido inaugural do renovado Campo de Fútbol Municipal da Estrada que disputaron o conxunto local, o Estradense, e o Gran Peña de Vigo. O encontro oficial, correspondente ao campionato de liga do Grupo I de 3ªRFEF, serviu coma homenaxe ao plantel do Estradense que estreara esta instalacións hai máis dunha década, que hoxe luce completamente renovada grazas a un investimento da Deputación de 388.500 euros para renovar o céspede artificial e a iluminación. No acto, presentado polo xornalista Terio Carrera, participou o presidente Luis López, así como o alcalde Gonzalo Louzao, o presidente da RFEF, Rafael Louzán; e representantes do Estradense e do fútbol galego.

Galerias de imaxes