Luisa Sánchez anima á AD Carballal a afrontar a tempada con ambición e gaba o traballo do club coa súa canteira
12/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou na presentación da nova tempada da AD Carballal, celebrada este sábado na parroquia viguesa de Cabral tras a disputa do Memorial Koki. A responsable provincial animou aos dous equipos absolutos, feminino e masculino, a afrontar a nova campaña con ambición e salientou o traballo da entidade viguesa coa base. “Os resultados dan alegrías, pero nada reconforta tanto como ver que o traballo coa canteira dá os seus froitos”, sinalou Luisa Sánchez durante a súa intervención no acto.