José Bastos e Ana Belén Piñeiro suben ao máis alto do podio na terceira parada do circuíto Entre Pontes, que rexistrou en Gondomar un novo éxito de participación

25/10/2026

José Bastos (Independiente) e Ana Belén Piñeiro (Club Atletismo Porriño) proclamáronse este domingo vencedores da terceira parada do circuíto Entre Pontes Trail & Running da Deputación de Pontevedra, nas categorías masculina e feminina, respectivamente. O gañador absoluto parou o crono en 33 minutos e 42 segundos, mentres que a mellor corredora cruzou a meta tras 42 minutos e 16 segundos. A cita rexistrou en Gondomar un novo éxito de participación, ao completar as 650 prazas dispoñibles tanto para a proba 10K como para a andaina e as carreiras infantís. A vicepresidenta da Deputación e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, foi a encargada de dar a saída, acompañada pola deputada de Benestar Social e Igualdade, Paula Bouzós, e pola directora de Deportes, Xisela Aranda. A cuarta parada do circuíto terá lugar o 1 de novembro en Cerdedo-Cotobade, cun trail de 14 quilómetros.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.