Luisa Sánchez destaca a traxectoria de Faro Educa e o compromiso do profesorado coa educación
18/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na inauguración da décima edición de Faro Educa, celebrada no Auditorio Mar de Vigo, onde puxo en valor a traxectoria dun foro que cumpre dez anos como punto de encontro para profesionais da educación. A responsable provincial destacou o nivel dos relatores e a actualidade dos asuntos que se abordarán nesta edición, con nomes como Ángel Carracedo ou Chema Lázaro e cuestións como a regulación emocional, a diversidade, as pantallas ou o acceso á información. Así mesmo, enxalzou o traballo do persoal docente e gabou ás persoas asistentes por “querer mellorar aínda máis no seu labor de educar ás novas xeracións”.



