Rafa Domínguez presenta no Pazo provincial “A pegada imborrable dunha coral centenaria. Polifónica de Pontevedra 1925-2025”

29/09/2026

Rafa Domínguez presenta no Pazo provincial “A pegada imborrable dunha coral centenaria. Polifónica de Pontevedra 1925-2025”

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este martes no salón de plenos do Pazo provincial na presentación do libro “A pegada imborrable dunha coral centenaria. Polifónica de Pontevedra 1925-2025”, de José Raposeiras Correa. No acto, no que a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra interpretou dúas pezas galegas do seu repertorio, Domínguez remarcou o valor da publicación como compendio dos cen anos de historia da institución pero tamén como base do seu futuro.

“Non podemos avanzar como sociedade, construír futuro, sen poñer en valor as nosas orixes, o noso pasado” subliñou o vicepresidente quen enxalzou que o acto de presentación da publicación se celebrase no mesmo lugar no que meses atrás a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra recolleu o Premio Otero Pedrayo. Tamén aproveitou para agradecer ao autor, actual presidente da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, o seu traballo “para coidar, preservar e promover a nosa cultura, o que tanto nos representa e identifica no mundo”.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.