Luis López asina co alcalde da Guarda, Roberto Carrero, o convenio do Plan Extra para a rehabilitación da piscina municipal por 2,3 M€

O presidente da Deputación destacou que o goberno provincial achega 700.000 euros para a financiación dunha obra estratéxica para a veciñanza deste concello do Baixo Miño

03/05/2025

Luis López e o alcalde da Guarda, Roberto Carrero

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este venres o convenio de colaboración co alcalde da Guarda, Roberto Carrero, para o financiamento do proxecto de rehabilitación enerxética da piscina municipal ao abeiro do Plan Extra. Un acordo asinado no marco dun novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Carrero selaron un acordo a través do cal o organismo provincial achega 700.000€ a un proxecto valorado en máis de 2,26M€.

A obra consistirá na rehabilitación enerxética da piscina municipal instalada nun edificio que require unha intervención integral en interiores e envolvente onde se procederá a optimizar o illamento da fachada e a cuberta, mellorar a iluminación e o sistema de renovación de aire con recuperación de calor, así como a instalación de sistemas de enerxía renovables e a mellora da accesibilidade. Unha intervención que suporá un aforro aproximado de máis do 70 % da enerxía que consume actualmente este inmoble de titularidade municipal.

A colaboración da Deputación co Concello da Guarda non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial un total de 1,6M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Novas relacionadas

{"classPK":12791810,"groupId":"37861","name":"20250513_LuisLopez_AlcaldesaRosal_PlanExtra_Restevez.jpg","alt":"Luis López e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández","title":"20250513_LuisLopez_AlcaldesaRosal_PlanExtra_Restevez.jpg","type":"document","uuid":"51231dd4-62e6-8be1-752f-b96493df3719","fileEntryId":"12791810","resourcePrimKey":"12791863"}

Luis López asina coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, o convenio para financiar, por 915.000€, o 100 % da rehabilitación do auditorio municipal

  13/05/2025

{"classPK":12763458,"groupId":"37861","name":"20250508_LuisLopez_PlanExtraArbo_Restevez.jpg","alt":"Luis López e o alcalde de Arbo, Horacio Gil","title":"20250508_LuisLopez_PlanExtraArbo_Restevez.jpg","type":"document","uuid":"2c78bbbe-8802-b187-4d13-4f810cdccb4b","fileEntryId":"12763458","resourcePrimKey":"12763480"}

Luis López asina co alcalde de Arbo, Horacio Gil, o convenio para ampliar un edificio para atender á infancia coa achega de 490.000€ da Deputación

  08/05/2025

{"classPK":12744267,"groupId":"37861","name":"20250507_LuisLopez_PlanExtraSoutomaior_Restevez.jpg","alt":"Luis López co alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo","title":"20250507_LuisLopez_PlanExtraSoutomaior_Restevez.jpg","type":"document","uuid":"a6a36c89-e0c5-ad63-914e-debe28a814b1","fileEntryId":"12744267","resourcePrimKey":"12744567"}

Luis López asina co alcalde de Soutomaior, Manuel Lourenzo, o convenio para reurbanizar o centro de Arcade cunha achega de 700.000 € da Deputación

  07/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.