A Deputación obtén o primeiro recoñecemento á campaña A túa meta, o teu destino nos Japan World’s Tourism Film Festival

Luis López: “Estamos moi felices do lonxe que chegan as nosas campañas e de contar cunha industria audiovisual de primeiro nivel que destaca entre a competencia, xa que no festival participaron máis de 1.300 candidaturas procedentes de 110 países”

20/03/2026

A Deputación obtén o primeiro recoñecemento á campaña A túa meta, o teu destino nos Japan World’s Tourism Film Festival

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou este venres que o audiovisual da campaña de Turismo Rías Baixas A túa meta, o teu destino acaba de recibir a prata na categoría de Produto turístico dos Japan World’s Tourism Film Festival. “Trátase do festival que abre o calendario da rede internacional CIFFT, onde cada ano os nosos materiais reciben numerosos recoñecementos”, lembrou o presidente provincial, que destacou os sete recoñecementos que acadou o ano pasado o vídeo da campaña Cando volves?

“Como sempre que recibimos estes galardóns, estamos moi felices do lonxe que chegan as nosas campañas”, asegurou Luis López, que tamén amosou o orgullo de “contar cunha industria audiovisual de primeiro nivel e que destaca entre a competencia”, xa que este ano participaron no certame do Xapón “máis de 1.300 candidaturas procedentes de 110 países de todo o mundo”.

Luis López lembrou que a campaña deste ano está dedicada ao turismo deportivo, “e aínda que gañar non sexa o obxectivo principal do deporte estamos moi contentos de estrear o palmarés da campaña con esta merecida vitoria”. Tratándose da primeira cita do circuíto anual de festivais, o presidente da Deputación agardou que a vitoria “sexa un bo presaxio e poidamos acabar a temporada de premios con máis recoñecementos”. Para Luis López, esta é “unha mostra de que as Rías Baixas conectan coa audiencia, e de que temos unhas campañas de impacto que logran emocionar, posicionarnos e atraer visitantes”.

A Deputación de Pontevedra reafirma coa campaña A túa meta, o teu destino o seu compromiso coa promoción dun modelo turístico innovador, sostible e de calidade, no que o deporte actúa como motor de desenvolvemento económico, social e territorial. A campaña busca consolidar as Rías Baixas como un destino de referencia para o turismo activo, poñendo en valor os recursos naturais da provincia, apoiando o tecido deportivo e turístico local e impulsando un estilo de vida saudable que conecta territorio, persoas e experiencias.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14963925,"groupId":"37861","name":"20260320_conferenciaprensa_rafaestevez_10.jpg","alt":"Luis López en rolda de prensa","title":"20260320_conferenciaprensa_rafaestevez_10.jpg","type":"document","uuid":"f66b5648-820c-497e-18f4-cd7facefd1b8","fileEntryId":"14963925","resourcePrimKey":"14964248"}

Luis López anuncia a adxudicación das obras de mellora da seguridade da contorna dos polígonos do Campiño e da Reigosa, en Ponte Caldelas, por máis de 240.000 euros

  20/03/2026

{"classPK":14878183,"groupId":"37861","name":"20260312_JESUS-VAZQUEZ-ALMUIÑA-SPAIN-CONVENTION-BUREAU.jpg","alt":"Jesús Vázquez Almuíña, deu a benvida á representante da FEMP ","title":"20260312_JESUS-VAZQUEZ-ALMUIÑA-SPAIN-CONVENTION-BUREAU.jpg","type":"document","uuid":"accc0fcf-b20f-d132-4d4b-86f265cc4132","fileEntryId":"14878183","resourcePrimKey":"14878147"}

A Deputación recibe a unha representante da Spain Convention Bureau que percorre a provincia para coñecer escenarios para organizar congresos, eventos e viaxes de incentivos

  12/03/2026

{"classPK":14747483,"groupId":"37861","name":"20260303_LuisLopez_FeiraTurismoBerlin_ClusterGalicia.jpg","alt":"LUIS LÓPEZ FEIRA TURISMO BERLÍN ","title":"20260303_LuisLopez_FeiraTurismoBerlin_ClusterGalicia.jpg","type":"document","uuid":"80f1aeba-5634-ff31-dd11-c55074ceae35","fileEntryId":"14747483","resourcePrimKey":"14747547"}

Luis López sinala que o primeiro stand propio de Rías Baixas na feira ITB de Berlín supón un novo fito na internacionalización do destino e na busca de viaxeiros interesados na oferta de deporte e natureza

  03/03/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.