Luis López será o encargado de realizar a ofrenda á Virxe Peregrina este domingo

O presidente da Deputación terá esta encomenda por segunda vez tomando a remuda do vicepresidente Rafa Domínguez, encargado o ano pasado

08/08/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, será o encargado de realizar a ofrenda institucional á patroa da provincia, a Virxe Peregrina, este domingo 10 de agosto ás 12:00 horas no Santuario da Virxe Peregrina, na cidade de Pontevedra.

Será a segunda vez que Luis López teña esta encomenda trala ofrenda que realizou no ano 2023 só unhas semanas despois da súa toma de posesión como presidente provincial, e toma a remuda do vicepresidente Rafa Domínguez, que foi o encargado o ano pasado. Na ofrenda, que terá lugar durante a misa oficiada polo arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández, estarán tamén presentes o vicepresidente e outros integrantes do equipo de goberno da Deputación.

Xa pola tarde, a partir das 21:00 horas, o presidente, así como tamén os dous vicepresidentes, Rafa Domínguez e Luisa Sánchez, e outros membros do goberno provincial, asistirán á procesión que sairá do Santuario da Virxe Peregrina e percorrerá diversas rúas da cidade para rematar de volta ao seu lugar de orixe.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.