A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

Esta liña de axudas do organismo provincial, cuxo prazo de solicitude permanece aberto ata o 11 de maio, ten por obxectivos mellorar a accesibilidade desde unha perspectiva integral

07/05/2026

A Deputación visita tres asociacións no Morrazo e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 € para o fomento da accesibilidade

A deputada provincial Paula Bouzós acaba de visitar as instalacións de Agaela e Afamo, en Cangas de Morrazo, e da Asociación Parkinson Provincia de Pontevedra, en Bueu, onde puxo en valor a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que neste 2026 vai repartir 210.000 € entre entidades para fomentar a accesibilidade universal. Esta liña de axudas do organismo provincial está dirixida a entidades sen ánimo de lucro para a mellora da accesibilidade desde unha perspectiva integral e a promoción da participación activa de todas as persoas en condicións de igualdade e autonomía.

A deputada provincial aproveitou a visita para facerlles entrega da placa que distingue ás tres asociacións como beneficiarias da última edición de Provincia +Inclusiva. Desta maneira, no marco desa liña de axudas Agaela recibiu máis de 5.800 euros para adquirir 12 produtos coa finalidade de reforzar e ampliar o seu Banco de Produtos de Apoio, que inclúen cadeiras de ducha, cadeiras de rodas basculantes, poltronas relax e arneses dorsolumbares. Pola súa banda, Afamo contou con máis de 7.400 euros para adquirir axudas técnicas e mobiliario adaptado para a mellora da atención integral ás persoas con alzhéimer e outras demencias usuarias da entidade, reforzando a seguridade, a accesibilidade, a autonomía persoal e a calidade asistencial. Por último, a Asociación Parkinson Provincia de Pontevedra recibiu 10.000 euros para a adquisición de diverso material de fisioterapia e rehabilitación, destinado ao desenvolvemento de actividades como sesións de fisioterapia, programas de estimulación, exercicio físico adaptado e actividades de benestar das persoas usuarias da entidade.

Os recursos da liña de axudas Provincia +Inclusiva, que medraron case un 17% con respecto ao 2024, están dirixidos ás entidades sen fins de lucro da provincia para subvencionar desde obras de mellora da accesibilidade nas súas instalacións, ata os de redacción de proxectos técnicos para executar estas obras, ou de adquisición de sistemas de comunicación ou outros relacionados coa mobilidade e o coidado persoal. As asociacións poderán recibir ata un máximo de 10.000 euros e o prazo de solicitude das axudas permanece aberto ata o 11 de maio.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":15330874,"groupId":"37861","name":"20260505_paulabouzos_avelainha2.jpg","alt":"Paula Bouzós","title":"20260505_paulabouzos_avelainha2.jpg","type":"document","uuid":"3a3e736f-65d7-3e52-7873-2e9419690d3c","fileEntryId":"15330874","resourcePrimKey":"15330889"}

A Deputación visita a Asociación Avelaíña e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  05/05/2026

{"classPK":8241977,"groupId":"37861","name":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","alt":"imaxe do programa provincia inclusiva","title":"900x600-Provincia-mais-Inclusiva-Texto.jpg","type":"document","uuid":"af0dd051-62eb-b8ae-c7e7-4d9abe455ae0","fileEntryId":"8241977","resourcePrimKey":"15300061"}

A Deputación ultima o prazo para solicitar os 210.000 euros de axudas do plan Pontevedra, Provincia +Inclusiva para fomentar a accesibilidade universal

  03/05/2026

{"classPK":15282545,"groupId":"37861","name":"20260428_jorge-cubela-agadea.jpg","alt":"A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade","title":"20260428_jorge-cubela-agadea.jpg","type":"document","uuid":"530fe323-6b37-9ae5-daba-fd561a65fe7d","fileEntryId":"15282545","resourcePrimKey":"15282584"}

A Deputación visita a Asociación Agadea e enxalza a utilidade das axudas do programa Provincia +Inclusiva, que este ano achega 210.000 para o fomento da accesibilidade

  28/04/2026