Rafa Domínguez asiste ao encontro coa investigadora Uxía Termenón polo 10º aniversario do Día Mundial de Investigación en Cancro
22/09/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este martes na Praza da Peregrina ao acto organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra (AECC) con motivo do 10º aniversario do Día Mundial da Investigación en Cancro baixo o lema "Proxectos de investigación que impulsan proxectos de vida".
O acto contou cunha conversa en formato entrevista con Uxía Termenón, investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e primeira receptora dunha Axuda Predoutoral da Asociación na provincia de Pontevedra, para achegar a investigación en cancro á sociedade e poñer en valor o impacto que os avances científicos teñen na vida das persoas afectadas pola enfermidade.