Rafa Domínguez participa no acto de graduación da Escola de Enfermería e pon en valor “a importantísima labor que desempeñan as enfermeiras e enfermeiros”

12/06/2026

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de graduación da Escola de Enfermería onde puxo en valor “a importantísima labor que desempeñan as enfermeiras e enfermeiros, persoas comprometidas co benestar da cidadanía, que prestan os mellores coidados, cunha vocación firme de servizo público”. Domínguez desexou “moito ánimo, ganas, forza e un futuro prometedor” aos graduados e agradeceu o papel desenvolvido na súa formación polo profesorado da Escola de Enfermería, “un referente en Galicia”.

Galerias de imaxes

videos