Rafa Domínguez reafirma o compromiso da Deputación coa Pont-Up Store na presentación da súa XIII edición
03/06/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da décimo terceira edición da Pont-Up Store, o Espazo de Emprendemento que se celebrará na Praza de España de Pontevedra os días 11 e 12 de setembro co apoio da Deputación. Domínguez sinalou que “o noso goberno considera que fomentar a cultura do emprendemento na sociedade é fundamental, e por iso apoiamos que estea presente nas etapas educativas co programa DepoEmprende e tamén apoiamos espazos como este, que lles dan un escaparate aos proxectos que loitan por facerse un espazo e necesitan crear sinerxías con outros para ofrecer mellores produtos e servizos”.
O vicepresidente lembrou que a presentación deste ano celébrase exactamente un ano despois da anterior. “E igual que a data, tamén se mantén intacto o compromiso deste goberno coa Pont-Up Store”, asegurou Domínguez, “para permitir que siga sendo un espazo aberto á cidadanía para apoiar o emprendemento e que cada edición se volva un pouco máis grande”. Neste eido remarcou o apoio da Deputación á Pont-Up Store na súa aposta por “garantir o futuro da provincia e o porvir económico da cidadanía, estando ao carón deses proxectos innovadores que crean emprego de calidade e fan que a riqueza que se xere na provincia quede na provincia”.
