A Deputación celebra os máis de 700.000 visitantes que recibiu a provincia no primeiro semestre de 2025, cun incremento do 13% no turismo estranxeiro

Preto de 4 de cada 10 viaxeiros que se achegaron ás Rías Baixas son residentes no estranxeiro, coa Alemaña, os Estados Unidos e Portugal como principais visitantes ás oficinas da rede Info Rías Baixas

06/08/2025

A Deputación de Pontevedra confirma que as Rías Baixas seguen mellorando as súas cifras de visitantes ano a ano, recibindo no primeiro semestre de 2025 un 4,7% máis de turistas respecto a 2024 ata chegar aos máis de 703.000 viaxeiros. O incremento é especialmente significativo no caso do turismo estranxeiro, cun aumento do 13% en comparación co ano pasado. Deste xeito, preto de 4 de cada 10 visitas que recibiu a provincia de Pontevedra (268.500, o 38,2% do total) proceden de residentes no estranxeiro, co que as Rías Baixas consolidan o seu obxectivo de internacionalizar o destino.

Os máis de 703.000 visitantes que recibiu a provincia de Pontevedra supoñen que siga sendo o principal pulo turístico de Galicia, reunindo preto dun terzo (31,3%) das persoas que se achegaron á comunidade entre os meses de xaneiro a xuño. Ademais dos 268.000 visitantes estranxeiros, tamén se achegaron á provincia un total de 434.600 persoas residentes en España. A ocupación media durante este período foi do 34%, un aumento dun 1% respecto a 2024, con preto dun 41% en Sanxenxo, un 40% en Pontevedra, un 38% en Vigo e un 33% no Grove.

A rede de oficinas Info Rías Baixas recibiu de xaneiro a xuño un total de 72.500 visitas, preto de 10.000 no caso da oficina situada no Palacete das Mendoza, en Pontevedra (sede de Turismo Rías Baixas). Das preto de 19.000 enquisas realizadas, o 56% eran viaxeiros nacionais e o 44% visitantes estranxeiros, con Madrid, Barcelona e València como principais lugares de procedencia no caso dos turistas nacionais, e a Alemaña, os Estados Unidos e Portugal entre os estranxeiros. En canto ao perfil dos usuarios da rede destacan os maiores de 60 anos (46%), co hotel como tipo de aloxamento preferido (23%) seguido dos albergues como segunda opción (18%), e unha estancia maioritaria de entre 1 a 3 días (preto do 51%). O 57,5% non coñecía a provincia de Pontevedra e os motivos principais para achegarse ás Rías Baixas son o Camiño de Santiago (44%), ocio (24%) e cultura (14%).

Ademais, os castelos xestionados pola Deputación recibiron preto de 21.000 visitas, nas que destacan as preto de 15.000 visitas rexistradas no Castelo de Soutomaior, un 38,4% máis respecto ás preto de 11.000 visitas que acadou no primeiro semestre de 2024. Pola súa banda, o Castelo de Sobroso rexistrou preto de 6.500 visitas. En canto aos peregrinos que escolleron os itinerarios cara a Compostela que transcorren pola provincia, estes aumentan nun 11% respecto ao ano pasado, un total de 88.500 nos que destacan os de procedencia estranxeira, que representan o 76,5% do total. Os principais camiños realizados foron o Portugués (49,2%) e o Portugués da Costa (44,5%).

Novas relacionadas

{"classPK":13394595,"groupId":"37861","name":"20250829_luislopez_conferenciaprensa_jphilippot_01.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20250829_luislopez_conferenciaprensa_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"9b07c21c-43da-6141-cfae-0cff26b2cbea","fileEntryId":"13394595","resourcePrimKey":"13394610"}

Luis López avanza que as food trucks de Rías Baixas percorrerán todos os concellos ofrecendo degustacións para promover as festas gastronómicas do destino

  29/08/2025

{"classPK":13371613,"groupId":"37861","name":"20250826_luislopez_oficinaturismo_aestrada_jphilippot_05.jpg","alt":"Luis López fai balance do mes de xullo en Rías Baixas","title":"20250826_luislopez_oficinaturismo_aestrada_jphilippot_05.jpg","type":"document","uuid":"e3e87df1-230e-2ebc-417b-9e72fa076a99","fileEntryId":"13371613","resourcePrimKey":"13370986"}

Luis López fai balance do mes de xullo en Rías Baixas: líder en estadía media en Galicia e aumento de case un 6% no total de turistas estranxeiros

  26/08/2025

{"classPK":13276474,"groupId":"37861","name":"20250808_rafadominguez_roldaprensa_jphilippot_02.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Rafa Domínguez","title":"20250808_rafadominguez_roldaprensa_jphilippot_02.jpg","type":"document","uuid":"47965b94-9e44-d503-a3b8-2fef506b2d65","fileEntryId":"13276474","resourcePrimKey":"13276490"}

A Deputación destina 32.000 euros á promoción dos castelos de Soutomaior e Sobroso nas festas de interese turístico da provincia

  08/08/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.