A Deputación achega 75.000 euros ao Concello de Gondomar para a mellora da pavimentación e da seguridade viaria nos barrios de Atalaia e A Rocha

A deputada Paula Bouzós detallou que a institución provincial aprobará este venres en Xunta de Goberno unha axuda no marco do Plan +Provincia para financiar case integramente esta actuación

26/10/2026

A Deputación achega 75.000 euros ao Concello de Gondomar para a mellora da pavimentación e da seguridade viaria nos barrios de Atalaia e A Rocha

A deputada provincial Paula Bouzós visitou hoxe Gondomar, onde adiantou que a Deputación de Pontevedra financiará case integramente as obras de mellora da pavimentación, drenaxe, pluviais e seguridade viaria nos barrios de Atalaia e A Rocha. O organismo provincial aprobará unha achega de 75.000 euros para sufragar estas obras, enmarcada no Plan +Provincia 2026-2027. O plan de cooperación provincial destinará este ano a Gondomar preto de 2 millóns de euros sumando as catro liñas de 2026 e a liña 1 de investimentos de 2027, á que se pode acceder anticipadamente.

Con estes fondos, o Concello de Gondomar realizará a mellora da pavimentación, drenaxe, pluviais e seguridade viaria nos barrios de Atalaia e A Rocha, na parroquia de Vincios. Trátanse de camiños que teñen continuidade entre eles e que serven de acceso ás vivendas de ambos barrios, que dispoñen de diferentes tramos a intervir dunha lonxitude total aproximada de preto de 540 metros.

En concreto, proponse unha nova pavimentación con aglomerado asfáltico de 6 cm de espesor medio sobre o existente e procederase ao fresado das superficies nas interseccións con outros vías, entradas a vivendas e puntos onde o firme presenta certas deformacións. Ademais, mellorarase a evacuación de augas de escorrentía de pluviais coa execución de cunetas de formigón armado. Instalarase un colector soterrado e sumidoiros puntuais e diferentes elementos para asegurar a canalización da auga. Por último, procederase a dotar ás vías de marcas viarias e a sinalización vertical necesaria.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.