A Deputación arranca mañá, 1 de agosto, coas visitas guiadas á exposición ‘A era das fábulas’, que terán lugar todos os xoves ás 18:00 horas

O acceso ás visitas, que están programadas ata o vindeiro 26 de setembro, é libre e sen necesidade de reserva previa

31/07/2024

a era das fábulas

A partir deste xoves 1 de agosto e ata o 26 de setembro, o Museo organiza cada xoves, ás 18:00 horas, unha visita guiada á exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’. As visitas, a cargo do equipo de Educación do Museo de Pontevedra, son de balde e para asistir non é necesaria a inscrición previa. Ademais, é posible concertar visitas para grupos noutro horario escribindo a educacion.museo@depo.gal.

‘A era das fábulas’ é unha exposición na que as coleccións do Museo de Pontevedra, a Fundación María José Jove (FMJJ) e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary establecen unha conversa desde a heteroxeneidade dos seus fondos para, a través da arte, resaltar a inmensa forza que a transmisión oral ten na nosa cultura. A exposición ‘A era dás fábulas. Pode visitarse ata o 29 de setembro.

A exposición vira ao redor das narrativas ficcionadas, esenciais para comprender a realidade. A plasticidade das fábulas e os contos permite preservar identidades culturais e imaxinarios populares, conectarnos coa natureza e estimular a imaxinación a través de animais, plantas e seres fantásticos, converténdoos en canalizadores de sabedoría. A arte, do mesmo xeito que estes, ofrece a versatilidade para ser reinterpretada e reimaxinada ao longo do tempo, brindando perspectivas sobre a natureza humana, animal e vexetal e respostas imaxinativas a desafíos contemporáneos.

A mostra está comisariada por Susana González (Fundación María José Jove), Chus Martínez (TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary) e Ángeles Tilve (Museo de Pontevedra).

Outras actividades relacionadas

Ademais das visitas guiadas, están previstas unha serie de actividades relacionadas. Este sábado desenvolverase o terceiro dos obradoiros dirixidos a público familiar impartidos por Taller Aberto, cada un deles dedicado a un acto da exposición. En setembro haberá novas quendas destes obradoiros.

Tamén os talleres de verán previstos en agosto articularanse ao redor dos contidos da mostra: as dúas primeiras semanas, traballarán a imaxinación e a fantasía a través de creacións de Picasso, Maruja Mallo, Joan Miró ou Menchu Lamas, da man de Leucoíña Pasea; e as dúas últimas, achegaranse á historia e a creación de mosaicos con 42º Noroarte, baixo a inspiración do mosaico de Baco sobre unha pantera presente na exposición.

O 25 de setembro, na última semana antes do peche da exposición, celebrarase un seminario con conferencias e mesas redondas ao redor dun dos temas tratados en ‘A era dás fábulas’: a relixiosidade popular, os exvotos e outras ofrendas. Está pendente de concretar a data na que arrincarán as visitas guiadas á exposición, que terán lugar os xoves ás 18:00 h.

Novas relacionadas

{"classPK":11243136,"groupId":"37861","name":"RS8784_20240712_museo_aeradasfabulas_jphilippot_34.jpg","alt":"Visitas guiadas para as últimas dúas semanas da exposición A era das fábulas","title":"RS8784_20240712_museo_aeradasfabulas_jphilippot_34.jpg","type":"document","uuid":"ad15b84b-8ecb-67fc-7a8b-aabe2edb7091","fileEntryId":"11243136","resourcePrimKey":"11243171"}

A Deputación aumenta as visitas guiadas para as últimas dúas semanas da exposición ‘A era das fábulas’ no Museo de Pontevedra

  16/09/2024

{"classPK":11142945,"groupId":"37861","name":"tallerabierto-setembro.jpg","alt":"Obradoiros familiares A era das fábulas en setembro","title":"tallerabierto-setembro.jpg","type":"document","uuid":"cb9462ba-6671-cb07-5de6-077124b0a4d3","fileEntryId":"11142945","resourcePrimKey":"11143105"}

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’, con novas quendas os sábados 14, 21 e 28 de setembro

  01/09/2024

{"classPK":11143871,"groupId":"37861","name":"20240830_RAFA DOMINGUEZ-ERA-DAS-FABULAS-PEREGRINA3.jpg","alt":"Rafa Domínguez visita a actividade Arte na rúa da \"A era das Fábulas\"","title":"20240830_RAFA DOMINGUEZ-ERA-DAS-FABULAS-PEREGRINA3.jpg","type":"document","uuid":"f6f260d5-9512-5dd1-f357-04d282a78774","fileEntryId":"11143871","resourcePrimKey":"11144032"}

A Deputación confirma que, con máis de 10.500 visitantes, “A era das fábulas” é unha das exposicións do Museo de Pontevedra de maior éxito

  30/08/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.