A Deputación destina 270.000 euros á mellora de infraestruturas deportivas en Rodeiro e Vilagarcía de Arousa

O presidente provincial Luis López recordou que “estes recursos enmárcanse no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que nestas tres edicións distribuíu xa 20 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”

15/05/2026

A Deputación destina 270.000 euros á mellora de infraestruturas deportivas en Rodeiro e Vilagarcía de Arousa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 270.000 euros para a mellora de infraestruturas deportivas en Rodeiro e Vilagarcía de Arousa. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, que recordou que “estes recursos enmárcanse no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que nestas tres edicións distribuíu xa 20 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia”.

En concreto, o Concello de Rodeiro recibe 90.000 euros, a totalidade dos recursos que lle corresponden ao abeiro deste plan, para o proxecto de construción dun novo módulo de vestiarios e servizos no pavillón municipal, destinado a fortalecer a infraestrutura deportiva dunha zona na que se asentan instalacións como as pistas de pádel municipais, o pavillón polideportivo e un centro educativo nunha contorna na que adoitan celebrarse diversas actividades deportivas na natureza. A actuación inclúe a instalación dunha pequena edificación en dúas alturas, con accesos independentes para cada planta desde o exterior, cun primeiro andar destinado a vestiarios cun aseo accesible, e, un segundo andar, con outro vestiario.

Pola súa banda, Vilagarcía de Arousa conta con 180.000 euros para a substitución de luminarias por tecnoloxía LED nos campos da Pelada, Manuel Jiménez e Bamio, e nos pavillóns deportivos de Faxilde, A Torre e Guillán. En total, substituiranse 80 proxectores de 2000 W por 80 proxectores LED de 1000 W; 36 campás HM de 400 W por 36 campás LED de 100 W, 24 proxectores de 400 W por 24 campás LED de 100 W e 20 proxectores de 400 W por 20 campás LED de 150 W.

audios

Novas relacionadas

{"classPK":15778293,"groupId":"37861","name":"20260515_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","alt":"","title":"20260515_conferenciaprensa_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"6a7dde36-d85e-f8fa-86f3-9381354eb9de","fileEntryId":"15778293","resourcePrimKey":"15778271"}

A Deputación aproba 190.000 euros para Agolada no marco do +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

  15/05/2026

{"classPK":15741107,"groupId":"37861","name":"20260511_luislopez_peidrodeiro2026_slorenzo02.jpg","alt":"Luis López presenta o proxecto dos novos vestiarios do pavillón de Rodeiro, un novo impulso da Deputación ás instalacións deportivas da provincia valorado en 143.000\u20ac","title":"20260511_luislopez_peidrodeiro2026_slorenzo02.jpg","type":"document","uuid":"67724323-f79e-710b-71aa-875584d25482","fileEntryId":"15741107","resourcePrimKey":"15740858"}

Luis López presenta o proxecto dos novos vestiarios do pavillón de Rodeiro, un novo impulso da Deputación ás instalacións deportivas da provincia valorado en 143.000€

  11/05/2026

{"classPK":15392235,"groupId":"37861","name":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","alt":"Conferencia de prensa de Luis López","title":"20260508_conferenciaprensa_rafaestevez_06.jpg","type":"document","uuid":"fb0e7f24-f1ef-0bdb-fc54-e19d15b03aec","fileEntryId":"15392235","resourcePrimKey":"15392262"}

A Deputación destina 225.000 € á mellora de infraestruturas deportivas en Caldas de Reis e A Lama

  08/05/2026