Luis López anuncia a posta en marcha dunha nova liña de axudas dotada con 200.000 euros para apoiar a asociacións de veciños e de mulleres rurais

“O noso tecido asociativo veciñal é fundamental para manter vivos os pobos, dinamizar a vida social e fortalecer a convivencia, e por iso queremos apoiar con feitos o enorme traballo que realizan día a día”, asegurou o presidente da Deputación de Pontevedra

22/05/2026

Luis López anuncia a posta en marcha dunha nova liña de axudas dotada con 200.000 euros para apoiar a asociacións de veciños e de mulleres rurais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova liña de axudas, dotada con 200.000 euros para que asociacións de veciños e de mulleres rurais poidan adquirir bens para organizar actividades e prestar diferentes tipos de servizos. “O noso tecido asociativo veciñal é fundamental para manter vivos os pobos, dinamizar a vida social e fortalecer a convivencia, e por iso queremos apoiar con feitos o enorme traballo que realizan día a día”, asegurou López.

Segundo detallou o presidente provincial, esta nova liña axudará a financiar obradoiros ou accións formativas que promovan a aprendizaxe práctica e a adquisición de coñecementos de interese social e comunitario, actividades de promoción da saúde ou do benestar nas que se fomenten hábitos de vida saudables e o benestar físico e emocional, cursos de primeiros auxilios e riscos domésticos, actuacións de sensibilización ou dinamización comunitaria en materia de igualdade, medio ambiente, participación cidadá ou memoria colectiva, e actividades interxeracionais. Todas deben ser abertas á participación da veciñanza, desenvolverse na provincia entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026 e ter carácter social, participativo, cultural ou de dinamización comunitaria

A nova convocatoria estrutúrase en dúas liñas de financiamento. A primeira estará destinada á adquisición de bens funxibles e material necesario para o desenvolvemento das actividades, mentres que a segunda permitirá financiar servizos externos vinculados á organización e execución dos eventos, como honorarios de profesionais, servizos técnicos ou alugueiro de espazos e equipamento. O importe máximo das axudas será de 1.000 euros por solicitude.

Novas relacionadas

{"classPK":9549865,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-4.jpg","alt":"logo entrada da diputación de pontevedra","title":"20240620_logo_entrada-4.jpg","type":"document","uuid":"8e292339-8367-73fd-0ab9-c5d214d88d98","fileEntryId":"9549865","resourcePrimKey":"15834298"}

A Deputación ultima os días para solicitar as axudas ao deporte de ámbito inferior ao estatal, dotadas este ano de 700.000 euros, 50.000 euros máis que no 2025

  24/05/2026

{"classPK":15828052,"groupId":"37861","name":"20260521_rafa_dominguez_provincia_inclusiva_aecc.jpg","alt":"Rafa Domínguez pon en valor na sede da AECC en Pontevedra as axudas do programa Provincia +Inclusiva, con máis de 200.000 \u20ac para o fomento da accesibilidade","title":"20260521_rafa_dominguez_provincia_inclusiva_aecc.jpg","type":"document","uuid":"571e3678-9018-4954-0844-93ac64177d23","fileEntryId":"15828052","resourcePrimKey":"15828071"}

Rafa Domínguez pon en valor na sede da AECC en Pontevedra as axudas do programa Provincia +Inclusiva, con máis de 200.000 € para o fomento da accesibilidade

  21/05/2026

{"classPK":15826397,"groupId":"37861","name":"20260520_cultura_rafaestevez_05.jpg","alt":"A Deputación eleva ata os 300.000\u20ac a contía das axudas que impulsan a actividade das agrupacións musicais coa adquisición de novos instrumentos ou pezas de vestiario","title":"20260520_cultura_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"298b63d7-a173-27b4-6873-259bff3a8423","fileEntryId":"15826397","resourcePrimKey":"15826448"}

A Deputación eleva ata os 300.000€ a contía das axudas que impulsan a actividade das agrupacións musicais coa adquisición de novos instrumentos ou pezas de vestiario

  20/05/2026