A Deputación aproba o reparto de 370.000 euros entre 71 comunidade de augas de 32 concellos para regularizar as traídas veciñais

Son fondos de +Novaqua, unha das tres liñas de axudas dirixidas ao movemento veciñal, xunto con Provincia Comunitaria e +Aqua, dotadas cun total de 7,1 millóns de euros

18/09/2026

A Deputación aproba o reparto de 370.000 euros entre 71 comunidade de augas de 32 concellos para regularizar as traídas veciñais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López anunciou este venres que a Xunta de Goberno aprobou a concesión das axudas +Novaqua, que destinarán 370.000 euros á regularización de traídas veciñais localizadas en 32 concellos da provincia. Tal e como informou o presidente provincial, benefícianse desta liña de axudas un total de 71 comunidades de augas.

Son axudas que oscilan entre os 2.000 e os 6.000 euros e que permitirán aos colectivos sufragar os custos da redacción do proxecto de regularización e renovación, así como das analíticas, dos traballos de topografía ou, entre outras cuestións, dos gastos de xestión e tramitación. Trátase dunha das tres liñas de axudas dirixidas ao movemento veciñal, xunto coas dirixidas a asociacións (Provincia Comunitaria) e a comunidades de augas (+Aqua), dotadas cun total de 7,1 millóns de euros, “despois de aprobar unha modificación de crédito para dar cobertura ao 100% das solicitudes”, como explicou o presidente provincial.

“As comunidades son un modelo moi singular de xestión de auga, que pode ser clave na xestión do recurso nun futuro marcado invariablemente pola escaseza”, asegurou Luis López, que lembrou que “diso terei a oportunidade de falar o 13 de outubro en Bruxelas, dentro da Semana Europa das Rexións. Falarei do modelo de éxito das comunidades, da aposta provincial polas axudas e de como Rías Baixas se posiciona no mapa europeo de xestión sostible da auga”.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.