Luis López asiste no porto de Vigo ao acto de posesión do capitán de navío Jaime Toledano como novo comandante da Comandancia Naval de Vigo
26/01/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asiste no Porto de Vigo ao acto de toma de posesión do capitán de navío Jaime Toledano Funes como novo comandante da Comandancia Naval de Vigo. Un acto, no que tamén estivo presente a vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado provincial e alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, celebrado na nave El Tinglado del Puerto de Vigo na que o novo mando xurou o seu garco relevando de xeito oficial ao anterior comandante, Antonio Couce Calvo.



