A Deputación abre o prazo para que os concellos soliciten as axudas dotadas con 150.000 € para impulsar actividades de dinamización da lingua

Os concellos de menos de 50.000 habitantes teñen un mes desde hoxe para solicitar estas subvencións, coas que poderán financiar ata o 75% do orzamento presentado para levar a cabo as actividades

17/03/2026

A Deputación de Pontevedra abre este martes o prazo para que os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia poidan solicitar a liña de axudas para impulsar actividades de dinamización da lingua, dotada con 150.000 euros. O prazo de solicitude das axudas permanecerá aberto ata o 16 de abril.

Con estes recursos provinciais, os concellos poderán impulsar certames literarios, iniciativas de novas tecnoloxías, videoxogos ou podcast; actividades de sociolingüística e toponimia; actividades de fomento do galego no comercio e industria; campañas de dinamización ou accións que recoñezan o labor de persoas e colectivos a prol do galego.

Entre os gastos subvencionables atópanse as infraestruturas e espazos para o programa o evento, a contracción de servizos técnicos e profesionais, a edición de publicacións, as gastos de comunicación e prensa e publicidade e difusión, e os derivados da contratación de grupos, artistas e compañías, ata un máximo do 75% do orzamento presentado.

Ligazóns de interese