A Deputación pon a funcionar a terceira edición de Pontevedra Literaria. Xuventude e artes cunha charla a finais de febreiro protagonizada pola escritora Paloma Sánchez-Garnica
Terá lugar no Salón de Plenos do Pazo provincial da Deputación o venres 27 de febreiro ás 19:30 horas. O próximo luns 9 de febreiro habilitarase un formulario na web www.depo.gal para reservar praza
06/02/2026
A Deputación de Pontevedra pon a funcionar a terceira edición de Pontevedra Literaria. Xuventude e artes cunha charla a cargo da escritora Paloma Sánchez-Garnica, gañadora do Premio Planeta no 2024 por “Victoria”. A conferencia terá lugar no Salón de Plenos do Pazo provincial o venres 27 de febreiro ás 19:30 horas e o próximo luns, día 9, habilitarse un formulario na web www.depo.gal para reservar praza.
“Ata a data -asegurou o presidente provincial Luis López-, participaron nas dúas edicións que organizamos de Pontevedra Literaria. Xuventude e artes, escritores da talla de Héctor Abad Faciolince, Manel Loureiro, Arantza Portabales, Ángela Banzas, Santiago Gamboa, Ledicia Costas, Jorge Volpi, Laura Ferrero e, entre outros, Manuel Jabois. Agora activamos a terceira edición e facémolo da mellor forma posible, da man de Paloma Sánchez-Garnica e agardamos que, como as anteriores, sexa un éxito rotundo”.
López adiantou que, ademais da conferencia de Sánchez-Garnica, están previstas outras moitas actividades arredor da escrita ao longo do ano da man de Pontevedra Literaria. Deste xeito, o presidente asegurou que virán ata a provincia figuras de recoñecemento nacional e internacional, co obxectivo de seguir fomentando entre a xuventude a creación literaria e artística.
