Luis López resalta o legado de “construtores cidadáns” que Antonio Palacios deixou no Porriño e que contribúen “cada día a edificar unha provincia que vai a máis”

O presidente provincial participa, xunto ao alcalde e deputado Alejandro Lorenzo, na entrega dos primeiros premios Antonio Palacios a persoas e entidades que destacan polo seu labor na cultura, no deporte, no social ou na empresa

15/06/2024

Entrega dos primeiros premios Antonio Palacios

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou o labor dos "construtores" que recibiron este sábado no Porriño os primeiros premios Antonio Palacios concedidos a persoas que destacaron pola súa aportación, no eido da cultura, o deporte, o social ou a empresa; a construír unha provincia máis forte e, en consecuencia, a honrar o legado do arquitecto Antonio Palacios, un dos máis destacados arquitectos do século XX en España e que deseñou edificios nobles como o madrileño Palacio de Cibeles ou a casa consistorial do municipio onde naceu, O Porriño. "Nesta provincia, a de Antonio Palacios, celebramos o labor de todos os 'arquitectos', eses veciños, populares ou anónimos, que constrúen cada día unha provincia que vai a máis", agradeceu o mandatario provincial.

O presidente puxo en valor a traxectoria e labor de entidades como as Rondallas de Pontelas e Santa Eulalia de Atios, referentes da cultura; do Club Balonmán Porriño, exemplo de deportividade; de Almanaque Agrícola ou Zendal, polo seu labor social e empresarial; ou de persoas sen as que "viviriamos nun lugar peor" como o historiados xa falecido Xosé Ramón Iglesias. Neste sentido, Luis López recoñeceu que os edificios que erguen administracións como a Deputación "non serían máis que cáscaras baleiras sen persoas coma vós que os xustifican e os enchen de vida".

Ademais de recoñecer a transcendencia da obra de Palacios no Porriño e no conxunto da provincia, Luis López tamén quixo valorar o peso que este municipio ten no territorio. "Un Concello que participa con éxito na industria automobilística, farmacéutica ou na loxística", subliñou o dirixente provincial, quen tamén tivo palabras de agarimo para o alcalde e deputado, Alejandro Lorenzo. "É outro arquitecto que ergue os mellores edificios da política local. Sobre os alicerces de cercanía, da humildade e de xornadas maratonianas de traballo, edifica un proxecto político nacido da xente e que explica a impresionante transformación do Porriño nestes anos. É un auténtico exemplo do mellor municipalismo", afirmou o dirixente quen tamén valorou o traballo do conselleiro de Cultura e exdeputado provincial José López Campos, presente na entrega de premios.

Despois de lembrar o fito que motivou a cerimonia para esta primeira entrega de premios Antonio Palacios, que é o cumprimento do 150 aniversario do nacemento do arquitecto e o centenario da construción da casa consistorial que leva o seu selo, Luis López quixo destacar e agradecer o labor dos premiados e de toda a cidadanía do Porriño. "Antonio Palacios deixou un bo legado de construtores", concluíu.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":12815966,"groupId":"37861","name":"20250517_LuisLopez_FinalEHF_BalonmanPorrino.jpg","alt":"Luis López felicita ao Balonmán Porriño ","title":"20250517_LuisLopez_FinalEHF_BalonmanPorrino.jpg","type":"document","uuid":"01458717-cb8d-b835-1210-e1707ecbe5d1","fileEntryId":"12815966","resourcePrimKey":"12815981"}

Luis López felicita ao Balonmán Porriño polo extraordinario resultado acadado da Copa EHF, malia caer na final pola mínima diante do Valur en Islandia

  17/05/2025

{"classPK":11595207,"groupId":"37861","name":"antoniopalacios_obracompleta.jpg","alt":" presentación do libro de Álvaro Bonet López ","title":"antoniopalacios_obracompleta.jpg","type":"document","uuid":"038ecf50-b86b-f0bd-dbdd-6c7903bd248b","fileEntryId":"11595207","resourcePrimKey":"11595237"}

A Deputación presenta no Museo de Pontevedra Antonio Palacios. Obra completa, o catálogo definitivo da obra do arquitecto

  11/11/2024

{"classPK":11486521,"groupId":"37861","name":"20241025_porrino_rafaestevez_003.jpg","alt":"Luis López xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso; e o alcalde de Madrid, Jose Luis Martínez-Almeida.","title":"20241025_porrino_rafaestevez_003.jpg","type":"document","uuid":"4b8e6cff-e3d6-967d-b2f2-83f582492b46","fileEntryId":"11486521","resourcePrimKey":"11486601"}

Luis López sinala “a ponte de unión e cordialidade” entre Pontevedra e Madrid como a principal mostra do legado da vida e obra do arquitecto porriñés Antonio Palacios

  25/10/2024