A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa na presentación do III Concurso de Escaparates de Vigo

23/10/2024

. A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na presentación do III Concurso de Escaparates de Vigo “Ilumina o teu escaparate”, unha iniciativa á que á Deputación se suma por vez primeira e que “pon en valor unha vez máis que temos un firme compromiso para dinamizar esa cidade e convertela nun gran eixo económico, social, cultural e deportivo”. O certame está dirixido aos comercios da cidade, que poderán participar cunha fotografía do seu escaparate de Nadal e repartirá tres premios, de entre 150 e 400 euros, que se entregarán nunha gala, así como varios sorteos.

Sánchez aproveitou para anunciar que a sede provincial de Vigo acollerá unha clase maxistral sobre merchandising, atención ao cliente, redes sociais e escaparatismo de Nadal, aberta a todos os comerciantes de Vigo. “Seguimos traballando unidos, da man, sumando esforzos para que Vigo avance e para que esta provincia vaia a máis – asegurou a vicepresidenta-. E iniciativas como esta son fundamentais para dinamizar o comercio desta cidade, tan importante para a nosa economía”.

Novas relacionadas

{"classPK":14678587,"groupId":"37861","name":"20262202_premio_escaparatismo.jpg","alt":"Luisa Sánchez entregou ao establecemento Ibéricos A Veiga o diploma e a placa que o acreditan como gañador do premio \u2018Ilumina o Teu Escaparate\u2019","title":"20262202_premio_escaparatismo.jpg","type":"document","uuid":"090add73-7e8a-e797-0c6f-0d6bdba4423e","fileEntryId":"14678587","resourcePrimKey":"14678614"}

Luisa Sánchez salienta o “valor diferencial” do comercio de proximidade durante a entrega do premio ‘Ilumina o Teu Escaparate’ en Vigo Centro

  22/02/2026

{"classPK":11474028,"groupId":"37861","name":"20241022_luisa-sanchez_congreso-empresarias-galicia-3.jpg","alt":"inauguración do Congreso Acción e Implicación de Empresarias Galicia","title":"20241022_luisa-sanchez_congreso-empresarias-galicia-3.jpg","type":"document","uuid":"e3173f4c-dec3-b1f1-5750-08e1eb322efc","fileEntryId":"11474028","resourcePrimKey":"11474056"}

A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na inauguración do Congreso Acción e Implicación de Empresarias Galicia

  22/10/2024

{"classPK":11461799,"groupId":"37861","name":"20241021_luisa-sanchez_asociacion-vecinal-cabral-1.jpg","alt":"Luisa Sánchez na Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Cabral","title":"20241021_luisa-sanchez_asociacion-vecinal-cabral-1.jpg","type":"document","uuid":"3e978a9a-11aa-a10b-6d3f-af189019f635","fileEntryId":"11461799","resourcePrimKey":"11461906"}

A Deputación destina máis de 73.000 euros para que 58 entidades de Vigo organicen actividades culturais

  21/10/2024

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.