Luis López anuncia que “a arte volve e faino pola porta grande”, con 540.000 euros para os traballos de transporte de obras e montaxe da 32ª Bienal de Arte

“Seguimos avanzando, traballando para converter a este acontecemento na mellor e maior cita de arte de Pontevedra, porque vai ser un auténtico escaparate para a creatividade e o talento e a promoción do intercambio cultural”, asegurou o presidente Luis López

02/05/2025

Conferencia de prensa de Luis López

A Deputación de Pontevedra continúa avanzando na organización da 32ª edición da Bienal de Arte de Pontevedra, e saca a licitación o contrato para o servizo de transporte de obras e montaxe da mesma, uns traballos que contan cun orzamento total de 540.000 euros. "A arte volve e faino pola porta grande. Seguimos avanzando, traballando para converter a este acontecemento na mellor e maior cita de arte de Pontevedra, porque vai ser un  auténtico escaparate para a creatividade e o talento, a promoción do intercambio cultural, o diálogo e a colaboración entre artistas locais, nacionais e internacionais", asegurou o presidente Luis López.
Este contrato inclúe, entre outros, os traballos de concentración das obras, é dicir, a súa embalaxe e transporte desde os seus lugares de orixe (países como Alemaña, Brasil, España, Francia, Italia, Perú, Portugal, Reino Unido e República Checa) ata as salas de exposicións dos edificios Castelao e Sarmiento, do Convento de Santa Clara, do Pazo da Cultura e da Fundación Manuel Moldes, sedes desta 32ª Bienal de Arte.
Ademais, a empresa deberá encargarse da desembalaxe das obras e da asistencia dos artistas á montaxe das mesmas, así como dos traballos de dispersión ao remate da Bienal no mes de setembro, que inclúen a reembalaxe, transporte, desembalaxe e relocalización de todas as pezas artísticas.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":12851302,"groupId":"37861","name":"20250526_LuisLopez_RDominguez_PresentacionBienal_Restevez_p.jpg","alt":"Do 21 de xuño ao 30 de setembro, \u201cA Arte Volve\u201d","title":"20250526_LuisLopez_RDominguez_PresentacionBienal_Restevez_p.jpg","type":"document","uuid":"1c54e395-aa6b-d2c9-1a29-273bb99ab720","fileEntryId":"12851302","resourcePrimKey":"12851216"}

Luis López e Rafa Domínguez detallan “a Bienal máis global da historia”: 60 artistas de 28 nacionalidades para reforzar a cidade de Pontevedra como epicentro da cultura

  25/05/2025

{"classPK":12827000,"groupId":"37861","name":"20250521-rafa-dominguez_fundacion-moldes-2.jpeg","alt":"Rafa Domínguez nunha visita á sede da Fundación Manuel Moldes","title":"20250521-rafa-dominguez_fundacion-moldes-2.jpeg","type":"document","uuid":"5c586fde-5766-9d8a-1b4a-8cf1da3f309c","fileEntryId":"12827000","resourcePrimKey":"12827029"}

Rafa Domínguez anuncia que a Deputación concederá unha axuda de 6.000 euros á Fundación Manuel Moldes, que será unha das 13 sedes da Bienal de Pontevedra

  21/05/2025

{"classPK":12808665,"groupId":"37861","name":"20250516_conferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","alt":"Rafa Domínguez en rolda de prensa","title":"20250516_conferenciaprensa_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"f24b1c23-8f9e-5a58-983f-a5e4cf2828a4","fileEntryId":"12808665","resourcePrimKey":"12809413"}

A Deputación contrata o servizo de seguridade e vixilancia dos espazos expositivos e as obras da 32ª Bienal de Arte de Pontevedra por 170.000 euros

  16/05/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 7 resultados.