Luis López asina co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, un convenio de 0,5M€ para a mellora da mobilidade e dos servizos na contorna da casa do Concello

O presidente da Deputación salienta o impulso de 40M€ que a Deputación dará este ano ás estradas provinciais para fomentar a mobilidade peonil e a seguridade dos usuarios

26/01/2026

Sinatura convenio Luis López e Carlos Vieitez

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar un convenio de colaboración co alcalde de Meaño, Carlos Vieitez, para a humanización e mellora da seguridade viaria na rúa Campo da Feira, na contorna da casa consistorial. Unha intervención valorada nun total de 454.300 euros, dos que o ente provincial achega o 70 %, arredor de 318.000; e o Concello de Meaño os 136.300 restantes correspondentes ao 30 % do orzamento total. “Estamos a mellorar as estradas provinciais baixo criterios de protección aos peóns e, ao mesmo tempo, que todos os vehículos poidan transitar por estradas seguras e modernas”, afirmou o dirixente destacando a partida orzamentaria de 40M€ reservada polo goberno provincial para investir este ano na rede viaria de titularidade provincial.

O proxecto céntrase nun treito de cen metros de lonxitude na EP-9303 que une as localidades de Meaño e Dena, concretamente, entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+100. Neste treito a estrada presenta un carril de circulación por sentido, bandas de aparcamento en liña e beirarrúas en ambas marxes cuns anchos insuficientes. A intervención buscará construír unha zona de convivencia en plataforma única de prioridade peonil, cunha estética coidada, mobiliario urbano e vexetación. Así mesmo, inclúese no proxecto unha necesaria renovación da rede de pluviais, ademais das instalacións de saneamento, rego  e a reposición da iluminación. “Actuamos nun treito de 100 metros na contorna da casa do concello, cunha replanificación da mobilidade para dar prioridade aos peóns e tamén cunha importante actuación na rede de pluviais, porque existe unha zona na que días coma hoxe se acumula moita auga e imos darlle solución en beneficio para as persoas e o tráfico”, remarcou López.

A colaboración da Deputación co Concello de Meaño non se limita unicamente á mellora da seguridade viaria desta obra, no ámbito das infraestruturas o executivo de Luis López leva mobilizados neste mandato no arredor de 1,7 millóns de euros, unha cifra coa que se tamén se está levando a cabo a mellora da estrada EP-9302  entre Xil e Covas. Ademais, a través dos plans de cooperación do organismo provincial, o Concello de Meaño podería recibir este ano ata un máximo de 1,8 millóns de euros.

O prazo para presentar os traballos comeza mañá, 27 de xaneiro, e remata o 22 de maio. Os centros escolares interesados en participar deberán inscribirse por vía electrónica a través da sede electrónica da Deputación. A participación debe facerse en grupo (sempre que o número de participantes non supere unha aula) e cada centro escolar só poderá presentar dous microrrelatos por cada unha das tres categorías: a primeira, para os estudantes de 5º e 6º de Primaria; a segunda, para os que se atopen na ESO, e unha terceira para estudantes de Bacharelato ou ciclos formativos.

En canto aos galardóns, haberá un primeiro e un segundo premio por categoría valorados en 2.000 e 1.000 €, respectivamente, facendo un total de 9.000 euros. Con estes recursos, os centros poderán adquirir material, realizar saídas educativas, entregar bolsas ao alumnado ou realizar outras actividades relacionadas coa súa programación. Ademais, cada un dos seis premios estará acompañado dun lote de tres libros do Museo de Pontevedra

Galerias de imaxes

audios